Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O departamento de Cultura de Ponteceso organizará o venres 5 unha xornada divulgativa, dirixida ás familias, para abordar o uso das TICs entre a mocidade

As persoas interesadas en participar nesta actividade, que será de balde, teñen de prazo ata o mércores 3 para inscribirse no departamento de Cultura ou chamando ao 881 983 683

Tes fillos/as? A que idade cres convinte que dispoñan de teléfono móbil? Sabes o que fan en internet? A estas e outras moitas preguntas atoparás resposta na xornada divulgativa ?A familia fronte ao uso das TIC?s?, organizada polo departamento de Cultura do Concello de Ponteceso en colaboración co centro de información e asesoramento á mocidade Quérote +, pertencente á Consellería de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

A actividade, que será de balde e aberta á participación de toda a veciñanza, terá lugar o próximo venres 5, ás 18:30 horas, no Edificio das Escolas.

Na actualidade, as novas tecnoloxías están presentes en case todas as actividades que realizamos a diario, permitíndonos comunicarnos, relacionarnos e acceder á información sen tempos nin distancias, especialmente entre a mocidade. Pero pese a todas as posibilidades e vantaxes que nos ofrecen, non debemos descoidar os riscos que poden derivarse dun uso inadecuado, excesivo e irresponsable, sobre todo, entre os máis novos/as. Con esta nova acción municipal pretendemos achegar ás familias ferramentas que sirvan de apoio na educación dun uso axeitado das Tic?s para que, ademais de coñecer todas as posibilidades que ofrece Internet, dispoñan da información necesaria para facer fronte a posibles situacións de abuso e/ou riscos por parte da rapazada no manexo, entre outras, das redes sociais.

Todas as persoas que estean interesadas en participar poderán facelo inscribíndose previamente no departamento de Cultura do Concello ou chamando ao teléfono 881 983 683. O prazo finalizará o próximo mércores 3. Bule, que as prazas son limitadas!

Concello de Ponteceso