Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Rematadas as obras de acondicionamento da praza da Bugalleira para facela máis accesible e acolledora

O Concello de Ponteceso investiu 54.450 euros de fondos propios procedentes do superávit do ano 2017

A praza da Bugalleira parece outra. A empresa Sotocoresma S.L., con sede no polígono de Tella, rematou xa as obras de acondicionamento, nas que investimos 54.450 euros procedentes do superávit do ano 2017. Grazas a esta actuación integral, promovida pola Concellería de Infraestruturas, conseguimos que un espazo público emblemático do noso concello sexa máis accesible, acolledor e utilizable por parte da veciñanza.

A actuación afectou á totalidade da praza, que ten unha superficie de 980 metros cadrados. Agora hai tres tipos de pavimento para diferenciar os usos. Así, a maior parte do espazo é de formigón, mentres que nas zonas próximas ás vivendas colocáronse lousas rectangulares de pedra de granito moreno, e para delimitar as zonas de tránsito de vehículos, aparcamentos e peonís utilizouse lastro de granito silvestre.

O proxecto incluíu tamén a renovación da iluminación, a instalación de estruturas cubrecontedores para a súa ocultación, seis alcorques e a colocación de catro bancos de formigón armado con asento e respaldo de táboas de madeira de iroko tratada. O resultado podedes velo na imaxe.

Concello de Ponteceso