Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A partir do luns 6 realizarase unha nova recollida porta a porta de aceites de cociña usados en todo o concello

Desde a Concellería de Medio Ambiente, que dirixe José Manuel Pose Verdes, prégase aos veciños que participan no programa que deixen os recipientes en lugares accesibles

Ao longo do mes de maio a empresa Collecting Oil, responsable do servizo de recollida a domicilio de aceite vexetal usado de cociña, realizará un novo percorrido polo noso concello para proceder á retirada dos máis de 2.000 botes de almacenaxe distribuídos entre a veciñanza, unha cifra que, sen dúbida, dá conta da excelente acollida da iniciativa posta en marcha a finais do ano pasado pola Concellaría de Medio Ambiente, que dirixe José Manuel Pose Verdes, e do compromiso e preocupación da cidadanía pola contorna.

A partir do luns 6, persoal da empresa, debidamente uniformado e en vehículos rotulados, pasará polas vivendas para retirar as botellas cheas e volver a deixalas baleiras. En caso de non atoparse no domicilio o día da retirada, prégase aos propietarios/as que deixen os seus recipientes na porta e en lugares accesibles para que os operarios poidan realizar o seu traballo con normalidade. As persoas interesadas en obter máis información ou formar parte da campaña poden chamar ao teléfono 639 920 936.

E se o que queres é saber os itinerarios que se van realizar cada día, este é o calendario previsto. Toma boa nota!

Luns 6: Comezarase na estrada de Corme (xunto á ponte) pasando por: Cedeira, Carracido, Couto, Cospindo, A Brixería, Curras, A Matigueira, Balarés, Guxín, Xomonte e parte de Corme Aldea.

Martes 7: Corme Aldea, Froxan, O Picoto, Corme Porto (rúa Vila de García, camiño Paseo Marítimo, estrada Ponteceso, rúa Rio de Arriba).

Mércores 8: Corme Porto (estrada Roncudo, R/Arnela, Barrio Campo, R/Real, R/ Nova, Travesía Nova).

Xoves 9: Corme Porto (R/Nova, R/ Paxariñas, Barrio Regadiños, R/ Agra Rodríguez, Barrio Fontiña, Roncudo, As Regadiñas, As Pedras Miúdas, R/Condes, R/Carral e Paseo Marítimo).

Venres 10: Corme Porto (R/ Coroto, R/ Xeneral Mourelle, R/ Sol, Paseo Marítimo, Avda. Mariña, Barrio Remedios, R/Hortas, R/Crego, R/Fontiñas, R/ Real, Praza do Pan e Barrio Fontiñas).

Luns 13: Carballido, As Gurichas, Lestimoño, R/ Crucero, R/Concello, R/ Cuartel e R/ Aduana.

Martes 14: Praza Recheo, R/Paseo Fluvial, Polígono paseo fluvial, Avda. Eduardo Pondal e Avda. Anllóns.

Mércores 15: Avda. Anllóns, Barrio Juncal, R/Teresa Mosqueira Manso, R/Eduardo Blanco Amor, Praza Campo da Feira, R/Veda e Barrio Trabe.

Xoves 16: Avda. Bergantiños, Rueiro, Aldea Tella e Tella.

Luns 20: Aldea Tella, Anllóns, A Garga e R/ Cuñarros.

Martes 21: A Gándara, Seixos, Petón, Polígono Tella, Tallo, Vilasuso e O Rieiro.

Mércores 22: Bugalleira, Ameixenda, Rebordáns, As Salgueiras, Os Melcos, Langueiron, A Vitureira, Ardabón.

Xoves 23: A Ponte Dona, Xornes e Pazos.

Venres 24: Pazos, Riotorto, Limiñoa, O Barreiros, Cores, Viladesuso, Figueiroa e A Costa.

Luns 27: A Campara, Santa Cruz, Os Torrados, A Lamela, Miraflores e O Castro.

Martes 28: O Rueiro, Os Anxeles, Brantuas de Arriba, Casas de Espereira e Brantuas de Abaixo.

Concello de Ponteceso