Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A escritora compostelá María do Carme Caramés Gorgal, gañadora do ?I Premio de Poesía Concello de Ponteceso. Eduardo Pondal?

Tras a lectura da acta, que tivo lugar coincidindo co Día das Letras Galegas no salón de sesións, o alcalde e o concelleiro de Normalización Lingüística e Educación comunicáronlle o fallo á premiada

A escritora cormelá Diana Varela Puñal foi a encargada de dar a coñecer no salón de plenos de Ponteceso o nome da obra gañadora do ?Premio de Poesía Concello de Ponteceso. Eduardo Pondal?, organizado polas áreas de Normalización Lingüística e Educación xunto coa Fundación Eduardo Pondal e a editorial coruñesa Medulia.

Ás 10:00 horas, a escritora e poeta local procedeu, en calidade de secretaria do xurado, a dar lectura pública da acta na que se recollía o nome do finalista da primeira edición do certame poético, que recaeu en María do Carme Caramés Gorgal, unha escritora compostelá, nacida en Santa Comba en 1966, que xa acumula ás súas costas unha extensa traxectoria literaria repleta de premios e recoñecementos e un amplo volume de títulos publicados, entre os que destaca a súa última novela ?A Madriña? (Edicións Fervenza, 2018).

O xurado, integrado por prestixiosos autores e profesionais do eido das letras e da cultura, elixiu por unanimidade, entre os 30 manuscritos presentados, a obra titulada ?Da casa, do mar e das ausencias?, un libro coherente e equilibrado que segundo recolle a acta ?sobresae pola súa linguaxe serena e un texto redondo, onde cada palabra está xustificada e encaixa na seguinte, sen distorsións?.
Así mesmo, valorouse a pulcritude e a harmonía entre a linguaxe e a estrutura interna ?como resultado dun longo traballo e dun pensamento reflexivo e vivencial?, engadiuse.

O alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, e o concelleiro das áreas implicadas na organización do acto, Carlos Penedo Casmartiño, puxéronse en contacto coa gañadora, vía telefónica, para comunicarlle persoalmente o fallo do xurado e trasladarlle os seus parabéns. Pola súa parte, a autora premiada confesou sentirse emocionada e moi satisfeita por inaugurar o certame de poesía.

A próxima cita, aínda por determinar, será para facerlle entrega do premio que consistirá nun cheque por valor de 500 ?, un diploma e a efixie de Eduardo Pondal ademais da publicación, por parte da editorial Medulia, da súa obra e a recepción de 25 exemplares da mesma. Parabéns!

Concello de Ponteceso