Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso organizará un campamento de deporte e medio ambiente para atender as demandas das familias que non obtiveron praza no Concilia

As 32 prazas dispoñibles para os campamentos de conciliación de Ponteceso e Corme esgotáronse en poucas horas

O luns abriu o prazo de inscrición para os campamentos de conciliación organizados polo Concello de Ponteceso para o verán e en poucas horas cubríronse as 32 prazas, todas elas con nenos e nenas empadroados/as no noso concello. Para dar resposta ás familias que viron frustradas as súas expectativas de acadar praza, o alcalde, Lois García Carballido, comprometeuse a buscar unha solución alternativa. Deste xeito, o Concello de Ponteceso organizará un campamento deportivo e de medio ambiente para nenos e nenas en idade escolar. O obxectivo é que as familias teñan facilidade para conciliar en horario de mañá e que os/as participantes desfruten do deporte, da natureza e da vida saudable.

Os/as interesados/as poderán informarse no Concello de Ponteceso (981 714 000) e na Oficina Municipal de Corme (981 738 428) en horario de 9 a 14 h.

Concello de Ponteceso