Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A contratación das obras do céspede artificial do Pinguel e da iluminación do Cairo, primeira decisión de calado de Lois García Carballido no novo mandato

O Concello de Ponteceso investirá preto de 700.000 euros nos campos de fútbol

Partido Corme-Sofán (foto: SD Sofán)O alcalde de Ponteceso inicia o mandato cunha aposta clara e contundente pola promoción do deporte, como demostra o feito de que a primeira decisión de calado adoptada por Lois García Carballido supoña o inicio dos expedientes de contratación das obras de instalación de céspede artificial no campo de fútbol do Pinguel (Ponteceso) e de renovación da iluminación no do Cairo (Corme), dúas actuacións nas que investiremos preto de 700.000 euros.

A substitución do céspede do Pinguel é unha insistente demanda das entidades deportivas que utilizan o recinto municipal. A actuación prevista, cun orzamento de 496.860,71 euros, permitirá substituír o céspede artificial actual por un de última xeración, ademais de instalar un novo sistema de rego e de arranxar as gradas, entre outras actuacións. Outra demanda reiterada era a iluminación do campo de Corme, e tamén se solucionará co proxecto que sae agora a contratación e que ten un importe de 188.128,36 euros.

O alcalde de Ponteceso destacou a mellora cualitativa que van experimentar ámbolos dous recintos deportivos, que enmarcou na política de promoción do deporte e de apoio ao asociacionismo deportivo que se pretende impulsar dende o goberno municipal.

Concello de Ponteceso