Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Ponteceso di non á violencia sexual cunha campaña informativa a pé de rúa na Festa do Percebe de Corme

• As campaña AgresiónOFF incluirá a instalación dun stand divulgativo, o reparto de merchandising e a colocación de cartelería en locais de hostalaría e comercios
• O horario de peche dos bares amplíase durante a festa grazas ás xestións realizadas polo alcalde

Ponteceso di non á violencia sexual sumándose á campaña autonómica AgresiónOFF durante a Festa do Percebe de Corme. O percebe é, de feito, o símbolo distintivo da iniciativa, e estará presente tanto na cartelaría coma no merchandising que se distribuirá entre a mocidade.

O Concello de Ponteceso instalará un stand no que, ademais de folletos divulgativos do decálogo contra a violencia de xénero e os teléfonos de información e atención ás vítimas, repartiranse pulseiras e outros obxectos promocionais. Persoal de Servizos Sociais e Cultura, así coma as concelleiras de Servizos Sociais e Turismo. Dúas educadoras de rúa reforzarán a información a pé de rúa.

Tamén se distribuirá cartelería polos establecementos comerciais e hostaleiros, nestes últimos tamén nos aseos, xa que o obxectivo da campaña é chegar ao maior número posible de persoas contando coa colaboración da sociedade e, dun xeito especial, daqueles sectores que poden axudar a darlle a maior visibilidade.

Horarios máis amplos
A Xefatura Territorial de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta vén de autorizar a ampliación do horario de peche dos establecementos hostaleiros coincidindo coa celebración da Festa do Percebe. A solicitude foi tramitada polo alcalde Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, para que todos os locais poidan pechar unha hora máis tarde do límite establecido para cada categoría.

Concello de Ponteceso