Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Semana Cultural de Brantuas e Niñóns arrinca con novena e unha nova zona de aparcamento habilitada polo Concello coa axuda da Deputación

Coa novena prevista para hoxe ás 20:00 horas comeza unha nova edición da Semana Cultural de Brantuas e Niñóns, organizada pola Asociación Cultural Nosa Señora do Faro coa colaboración do Concello de Ponteceso, a Deputación Provincial da Coruña e a Fundación Eduardo Pondal.

Este ano a colaboración institucional non se limita ás actividades. O Concello de Ponteceso vén de acondicionar a ámbolos lados da vía de acceso á Casa dos Veciños de Brantuas e Niñóns unha zona de aparcamento que facilitará a estancia dos visitantes durante a celebración da Semana Cultural. Podedes consultar o programa na axenda desta páxina web.

Así mesmo, xa está todo listo para a celebración da tradicional romaría da Virxe do Faro o vindeiro día 8. A Confraría da Virxe do Faro, coa colaboración das parroquias de Brantuas, Niñóns, Corme e Corme Aldea, ten preparado un amplo programa que arrincará ás 07:00 horas con pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas da A. C. Malante polas catro parroquias, antes de acompañar a procesión ata o Faro, onde haberá misas ás 10:00, 11:00, 12:00 e 13:00 horas, esta última no campo da festa. Malante amenizará tamén as merendas.

Na sesión vermú soará a música da Disco Móbil Impacto, Ruth Cundíns e un trío, aos que se sumará a partir das 18:00 DJ Sonic para continuar a animación durante toda a tarde. Como é habitual, haberá carpa.

  •  Provisión postos de traballo
  • Portal de Transparencia
  • Acceso á Oficina Virtual Tributaria
  • Programación Inverno 2019-2020
  • Bonos sociais
  • O noso Entroido é o mellor
  • Vota polo Entroido de Ponteceso!
  • Promoción Turístico de Galicia
  • Servizo Nomalización Lingüística
  • Solicitude de visitas guiadas
  • Acceso á web da Biblioteca Municipal do Concello
  • Protección Civil
  • Cultura e deportes en imaxes
  • Liga Municipal de Fútbol Sala
  • Liga Municipal de Ping Pong
  • Liga Municipal de Tenis
  • Liga Municipal de Fútbol Sala Veteranos
  • Costa Bergantiñá
  • Inscrición en liña nas actividades do Concello
  • Servicio de alertas por sms
Concello de Ponteceso