Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Concellaría de Seguridade destaca a colaboración veciñal na aplicación da ordenanza de xestión da biomasa e plantacións

O intenso labor de información, vixilancia e control realizado polo goberno municipal está a traducirse na limpeza maioritaria das plantacións

O intenso labor de información, en primeiro lugar, pero tamén de vixilancia e control realizado polo Concello de Ponteceso para plantar cara ao lume está a dar froitos. Neste sentido, o concelleiro de Seguridade, Faustino Lema, quixo poñer en valor a colaboración veciñal na aplicación da ordenanza municipal reguladora da xestión da biomasa e distancias das plantacións, que entrou en vigor en agosto do ano pasado.

A campaña informativa comezou co envío de 9.000 cartas aos propietarios e propietarias das fincas afectadas para comunicarlles as franxas obrigatorias de xestión de biomasa vexetal e retirada de árbores, tal como establece a lexislación autonómica. Xunto ao comunicado incluíse un mapa-esquema coas distancias de plantación estipuladas e coa información precisa para que a veciñanza coñeza exactamente a superficie que pode plantar e, deste xeito, optar por explotacións rendibles e sostibles.

Como segunda medida intensificouse a vixilancia e control das parcelas situadas en solos urbanos, de núcleo rural ou urbanizables, nos que as competencias de actuación son municipais, advertindo aos seus donos/as da obrigatoriedade de respectar a lei e da posibilidade de incorrer en infraccións que poden levar consigo sancións de 100 a 3.000 euros. O Concello de Ponteceso ten a responsabilidade de actuar nas franxas de 50 metros no perímetro de edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais situados a menos de 400 metros do monte e arredor das edificacións illadas en solo rústico a máis de 400 metros do monte, así como nas faixas perimetrais de 50 metros arredor das novas instalacións destinadas a explotacións agrícolas, gandeiras e forestais e as vivendas vinculadas a elas, así como as novas urbanizacións e edificacións que próximas a zonas de monte.

A colaboración por parte dos propietarios e propietarias das plantacións está a ser moi maioritaria. Neste sentido, o concelleiro de Seguridade destacou a importancia de que toda a sociedade colabore para evitar a lacra que supoñen os incendios forestais.

Ligazóns recomendadas


  •  Provisión postos de traballo
  • Portal de Transparencia
  • Acceso á Oficina Virtual Tributaria
  • Programación Inverno 2019-2020
  • Bonos sociais
  • O noso Entroido é o mellor
  • Vota polo Entroido de Ponteceso!
  • Promoción Turístico de Galicia
  • Servizo Nomalización Lingüística
  • Solicitude de visitas guiadas
  • Acceso á web da Biblioteca Municipal do Concello
  • Protección Civil
  • Cultura e deportes en imaxes
  • Liga Municipal de Fútbol Sala
  • Liga Municipal de Ping Pong
  • Liga Municipal de Tenis
  • Liga Municipal de Fútbol Sala Veteranos
  • Costa Bergantiñá
  • Inscrición en liña nas actividades do Concello
  • Servicio de alertas por sms
Concello de Ponteceso