Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso rende homenaxe ao voluntariado xuvenil, sénior e social

A concelleira de Cultura, Ana Pérez, agradeceu o importante labor altruísta que levan a cabo, nalgúns casos dende fai varios anos

Normalmente é o seu labor o que pasa inadvertido, pero esta vez os voluntarios do Concello de Ponteceso foron os auténticos protagonistas. O goberno municipal quixo agradecer o importante e desinteresado traballo do voluntariado cultural e social, e con esa intención reuniu ás persoas que participan nos programas de voluntariado xuvenil, sénior e social, que levamos a cabo coa colaboración da Xunta de Galicia, para ofrecerlles unha pequena homenaxe.

Ao encontro sumouse a concelleira Ana Pérez, que agradeceu esa colaboración altruísta, pero máis alá do acto formal celebrouse unha amena e interesante xuntanza na que, durante unha hora, puxeron en común as súas experiencias, coñecéronse mellor, estreitaron lazos e renovaron o seu compromiso.

Dende o Concello de Ponteceso queremos destacar o traballo altruísta de todas estas persoas, que, sen agardar nada a cambio, ceden o seu tempo libre aos demais e comparten os seus coñecementos para facilitar a vida dos seus veciños e veciñas, prestando deste xeito un importante servizo á comunidade. Ao mesmo tempo queremos recoñecer tanto aos que levan anos colaborando como aos que se van incorporando a un grupo do que estamos moi orgullosos.

  •  Provisión postos de traballo
  • Portal de Transparencia
  • Acceso á Oficina Virtual Tributaria
  • Programación Inverno 2019-2020
  • Bonos sociais
  • O noso Entroido é o mellor
  • Vota polo Entroido de Ponteceso!
  • Promoción Turístico de Galicia
  • Servizo Nomalización Lingüística
  • Solicitude de visitas guiadas
  • Acceso á web da Biblioteca Municipal do Concello
  • Protección Civil
  • Cultura e deportes en imaxes
  • Liga Municipal de Fútbol Sala
  • Liga Municipal de Ping Pong
  • Liga Municipal de Tenis
  • Liga Municipal de Fútbol Sala Veteranos
  • Costa Bergantiñá
  • Inscrición en liña nas actividades do Concello
  • Servicio de alertas por sms
Concello de Ponteceso