Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O goberno de Lois García Carballido puxo en marcha proxectos por valor de 1.548.000 euros nos primeiros cen días de mandato

A maioría dos investimentos son financiados con fondos propios do Concello de Ponteceso

Pista de pádel en CormeO goberno presidido por Lois García Carballido puxo en marcha nos cen primeiros días de mandato proxectos de infraestruturas e servizos por valor de 1.548.000 euros, na súa maioría procedentes dos fondos propios do Concello de Ponteceso.

A día de hoxe están rematadas actuacións coma a instalación dunha marquesiña no CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso, que permitiu mellorar a accesibilidade e a comunicación entre os espazos exteriores do centro cun investimento de 17.124,38 euros; así coma a adquisición de mobiliario, material didáctico e outras actuacións na escola infantil da Galiña Azul, para a cal achegaos 11.332,26 euros que permitiron ampliar en 12 o número de prazas de cero a tres anos.

Así mesmo, co financiamento da Xunta de Galicia vimos de construír unha pista de pádel na parte traseira do pavillón polideportivo municipal de Corme e un circuíto de calistenia na zona de Arnela, nas que investimos 36.321 e 11.933 euros, respectivamente.

O groso dos proxectos impulsados neste mandato están en execución neste momento. O máis importante é construción dun campo de fútbol de céspede artificial no recinto municipal do Pinguel, en Ponteceso, para o que destinamos 496.860,71 euros dos recursos municipais. O importante esforzo realizado para a mellora das instalacións deportivas completase cos 188.128,36 euros que custará a nova iluminación do campo de fútbol do Cairo, en Corme. Precisamente para este martes 5 de novembro ás 10.30 horas está prevista a sinatura da acta de replantexamento previo ao inicio das obras.

En infraestruturas viarias tamén estamos a realizar un cuantioso investimento que acada os 221.366,10 euros, financiados pola Deputación da Coruña, e que inclúe a pavimentación de rúas no núcleo de Pazos, a rúa O Xardín, Nemeño, Cemiterio Vello, acceso a San Adrián en Corme Aldea e vía da Praza do Pan á Ribeira Pequena en Corme Porto, que inclúe ademais a instalación de redes de abastecemento de auga, recollida de augas pluviais e saneamento.

Nestes cen días, dentro do Plan de Mellora de Camiños Municipais financiado pola Xunta de Galicia, destinamos 63.011,08 euros no proxecto de mellora e mantemento do treito da estrada comprendido entre os lugares de Lestimoño e Cerezo de Abaixo, así coma de camiños na parroquia de San Fins de Anllóns.

Coa colaboración da Xunta investimos tamén 101.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental en labores de recuperación ambiental, a contratación da brigada de medio ambiente e a adquisición de dous vehículos híbridos 4x4.

Tampouco esquecemos o labor social, e destinamos 18.000 euros a fomentar un estilo de vida saudable entre os nosos maiores a través da organización de cursos, bailes e actividades de envellecemento activo.

A todas estas actuacións en marcha engadimos dúas obras máis que están en proceso de licitación: a ampliación de vía en Tella, cun investimento de 264.644 euros achegados pola Deputación da Coruña, e unha serie de obras de emerxencia na rede de abastecemento de auga a Corme, ás que destinamos 122.251 euros de fondos propios do Concello de Ponteceso.

  •  Provisión postos de traballo
  • Portal de Transparencia
  • Acceso á Oficina Virtual Tributaria
  • Programación Inverno 2019-2020
  • Bonos sociais
  • O noso Entroido é o mellor
  • Vota polo Entroido de Ponteceso!
  • Promoción Turístico de Galicia
  • Servizo Nomalización Lingüística
  • Solicitude de visitas guiadas
  • Acceso á web da Biblioteca Municipal do Concello
  • Protección Civil
  • Cultura e deportes en imaxes
  • Liga Municipal de Fútbol Sala
  • Liga Municipal de Ping Pong
  • Liga Municipal de Tenis
  • Liga Municipal de Fútbol Sala Veteranos
  • Costa Bergantiñá
  • Inscrición en liña nas actividades do Concello
  • Servicio de alertas por sms
Concello de Ponteceso