Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Os concellos de Cabana e Ponteceso impulsan un proxecto de dinamización do cooperativismo

? A formación, de carácter gratuíto, desenvolverase no mes de decembro no Centro Cultural de Ponteceso
? O prazo de inscrición está aberto ata o 27 de novembro

Os concellos de Cabana de Bergantiños e Ponteceso, dentro do programa de actuación 2020 da Rede Eusumo, poñen en marcha un proxecto de dinamización do cooperativismo. Esta actividade formativa está recoñecida pola Consellería do Mar para o baremo da actividade marisqueira. A primeira edición celebrarase o mes que vén en Ponteceso, e esta previsto desenvolver unha segunda en Cabana.

A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social. Con esta iniciativa, organizada pola Unión de Cooperativas Galegas Espazo Coop, trátase de detectar sectores de actividade económica con potencial para desenvolverse a través do cooperativismo, ademais de divulgar e impulsar o emprego cooperativo.

Neste sentido, a iniciativa vai especialmente dirixida a persoas interesadas no emprendemento cooperativo, socios/as e persoal de cooperativas e público xeral interesado. A metodoloxía será activa e participativa.

A formación é de balde. O programa consta de 4 sesións de cinco horas de duración (de 10.00 a 15.00 horas) que se desenvolverán os días 3, 5, 10 e 12 de decembro no Centro Cultural de Ponteceso. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo electrónico cos seus datos a mariajose.pensado@ponteceso.gal ou silvana.facal@cabana.gal ou chamando aos teléfonos 981 715 442 (Ponteceso) e 981 754 020 (Cabana). O prazo de inscrición está aberto ata o 27 de novembro.

Programa do curso
Módulo 1| Analizando o noso sector. Presentación. Diagnose e problemática do sector. Cooperar.
Módulo 2| Por que pode axudarnos o cooperativismo? A cooperativa e os principios cooperativos. Tipoloxías de cooperativas. Organización cooperativa. Réxime económico das cooperativas. Diagnose do cooperativismo en Galicia.
Módulo 3| Plan de obxectivos e liñas de acción. Presentación de boas prácticas cooperativas no sector. Elaboración de obxectivos comúns coherentes coa diagnose. Elaboración e temporalización de liñas de acción para acadar os obxectivos comúns.
Módulo 4| Recursos no cooperativismo. As utilidades da fórmula cooperativa e o movemento cooperativo na consecución dos obxectivos e no desenvolvemento das liñas de traballo propostas. Outros apoios e axudas para o desenvolvemento do sector a través da fórmula cooperativa. Conclusións. Avaliación do obradoiro.

Concello de Ponteceso