Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Clausurado coa entrega de diplomas o curso sobre busca de emprego e xestión comercial organizado pola Cámara de Comercio e o Concello de Ponteceso

Participaron dez mozos e mozas menores de 30 anos e inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil

Despois de dous meses de formación, hoxe foi día de despedida para o alumnado do curso sobre busca de emprego e xestión comercial organizado pola Cámara de Comercio e o Concello de Ponteceso, a través da área de Promoción Económica. O alcalde, Lois García Carballido; o técnico do departamento comercial da Cámara, Adrián Saborido, e o profesorado da acción formativa achegáronse ata a Casa da Cultura para facer entrega dos diplomas aos participantes, felicitalos polo seu rendemento académico e desexarlles unha rápida e próspera incorporación ao mercado laboral.

O curso, incluído no Plan Integral de Cualificación e Emprego (PICE), estivo enmarcado no programa de Garantía Xuvenil e co-financiado polo Fondo Social Europeo, o Ministerio de Emprego e Seguridade Social e as Cámaras de Comercio.

A formación dividiuse en dúas áreas: unha primeira máis global, orientada á busca de emprego, e outra máis específica, destinada a formar ao alumnado en xestión comercial para pequenos establecementos de hostalaría e turismo.

O primeiro módulo levouse a cabo do 18 de setembro ao 9 de outubro baixo o título “Empregabilidade para a busca de emprego”. A finalidade desta actividade, de 65 horas de duración, non foi outra que a de dar resposta ás necesidades da mocidade á hora de buscar un traballo, poñendo ao seu alcance os coñecementos e recursos necesarios para incrementar as súas oportunidades laborais. Con esa intención impartíronse materias relacionadas coas habilidades sociais, persoais e de emprego así como o uso e manexo de internet como ferramenta de busca.

Os alumnos que superaron todas as probas e tiveron unha asistencia do 75% recibiron un diploma acreditativo e pasaron ao segundo módulo deste programa formativo, “Xestión comercial para pequenos establecementos de hostalaría e turismo. E-Commerce”, de 120 horas de duración, orientado a formar a persoas interesadas en traballar cara o público en supermercados, tendas ou establecementos turísticos e/ou hostaleiros. Ao remate, os participantes obtiveron o certificado de formación en hixiene alimentaria e o diploma de comercio electrónico.

Ademais dunha formación moi personalizada, xa que se limitou a participación a 10 mozos e mozas, esta acción conxunta da Cámara de Comercio e o Concello de Ponteceso será tamén beneficiosa para as empresas, que poderán optar a unha subvención pola contratación de alumnado deste curso por un período superior a 6 meses.

  •  Provisión postos de traballo
  • Portal de Transparencia
  • Acceso á Oficina Virtual Tributaria
  • Programación Inverno 2019-2020
  • Bonos sociais
  • O noso Entroido é o mellor
  • Vota polo Entroido de Ponteceso!
  • Promoción Turístico de Galicia
  • Servizo Nomalización Lingüística
  • Solicitude de visitas guiadas
  • Acceso á web da Biblioteca Municipal do Concello
  • Protección Civil
  • Cultura e deportes en imaxes
  • Liga Municipal de Fútbol Sala
  • Liga Municipal de Ping Pong
  • Liga Municipal de Tenis
  • Liga Municipal de Fútbol Sala Veteranos
  • Costa Bergantiñá
  • Inscrición en liña nas actividades do Concello
  • Servicio de alertas por sms
Concello de Ponteceso