Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Prepárate para desfrutar en familia dun Nadal espectacular!

Aquí tes o programa de actividades

Xa está aquí o Nadal, e o Concello de Ponteceso proponche desfrutalo en familia cunha chea de actividades que arrincan xa esta fin de semana e prolongaranse ata despois de Reis.

Do 17 de decembro ao 7 de xaneiro a Concellería de Turismo traeranos a Ponteceso un Poboado Navideño que acollerá obradoiros para os máis pequenos, e ademais poderán pasear nun tren infantil chulísimo. E en Corme gozaremos a partir do 22 dun amplo programa que inclúe talleres para nenos, andainas guiadas por Suso Lista e presentacións literarias. Podes descargar o programa completo máis abaixo.

Ademais, dende a Concellería de Servizos Sociais prográmanse dúas sesións de baile para os maiores, unha este domingo en Ponteceso co Dúo Sintonía e outra o 22 en Corme co Dúo Triada.

Despois de levar ao Apalpador aos coles, dende a área de Educación tamén se está a colaborar noutras actividades cos centros educativos.

E dende Cultura temos previstas tamén moitas actividades para os peques que empezarán este luns con concertos didácticos nos coles e a actuación da Escola Municipal de Teatro. O día 21 celebraremos o tradicional Certame de Nadal das Corais Polifónicas coa participación de todas as agrupacións do Concello, e ademais teremos cine o 26 en Corme e o 27 en Ponteceso.

Ademais, a partir do 21 de decembro poderemos visitar no Museo da Arte Contemporánea da Costa da Morte, en Corme, a exposición de escultura do artista local Santi Collazo, nunha iniciativa conxunta da Concellaría de Cultura e Ponteceso Cultura Permanente.

Unha das grandes citas do Nadal será a cabalgata de Reis o 5 de xaneiro, organizada polas áreas de Cultura e Turismo. Sairá ás 17.00 horas do parque empresarial de Tella e despois dun percorrido pola parroquia chegará a Ponteceso sobre as 18.30 para que nenos e grandes poidan desfrutar dunha tarde de ilusión.

En definitiva, unha proposta que non podes perder!

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso