Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

As familias numerosas de Ponteceso poderán solicitar ata o 31 de marzo a bonificación do 90% do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI)

As persoas solicitantes deberán estar empadroadas no concello, dispoñer do título de familia numerosa e ser propietarias do inmoble obxecto da axuda

Este ano a costa de xaneiro non vai ser tan pronunciada para as familias numerosas que residan no noso municipio. O 2020 comeza con beneficios fiscais para elas grazas á bonificación correspondente ao Imposto de Bens Inmobles (IBI) de natureza urbana de ata o 90% da cota íntegra.

O Concello de Ponteceso vén de abrir o prazo de solicitude para tramitar as correspondentes axudas, ás que poderán optar aquelas persoas que figuren empadroadas no Concello de Ponteceso, que estean en posesión do título de familia numerosa e sexan propietarias do ben inmoble obxecto da bonificación.

Todas as familias que cumpran os requisitos solicitados terán de prazo ata o 31 de marzo para presentar a súa instancia no departamento da educadora familiar da Concellería de Servizos Sociais, que dirixe Noelia Varela.

Os/as solicitantes poderán achegarse de luns a xoves ata as oficinas da Casa do Concello (881 983 223) e os venres na Oficina Municipal de Corme (981 738 428), en horario de 09:00 a 14:00 horas. Xunto coa solicitude, que se pode descargar ao final desta nova, os interesados/as deberán achegar a seguinte documentación:
. Fotocopia compulsada do documento acreditativo da propiedade do ben inmoble.
. Fotocopia compulsada do DNI.
. Fotocopia compulsada do Título de Familia Numerosa.
. Volante de empadroamento.


Descargas asociadas


Concello de Ponteceso