Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Ponteceso e Corme acollerán en marzo un obradoiro de reforzo da memoria para maiores

As persoas interesadas en participar xa poden inscribirse no departamento de Servizos Sociais e na Oficina Municipal de Corme

A Concellería de Servizos Sociais de Ponteceso continúa inmersa no desenvolvemento de novas actividades lúdicas e formativas dirixidas aos nosos maiores coa finalidade de ofrecer á veciñanza outras alternativas para o seu tempo de ocio. Neste sentido, a primeira semana de marzo, o departamento que dirixe Noelia Varela porá en marcha un novo curso sobre “reforzo da memoria”, que se celebrará en Ponteceso todos os martes e mércores, de 17.00 a 19.00 horas, e en Corme os luns, de 18.30 a 20.30 horas.

Todas as persoas que estean interesadas en participar nesta actividade xa poden inscribirse no departamento de Servizos Sociais de Ponteceso (881 983 045) ou na Oficina Municipal de Corme (981 738 428). Pola súa banda, a titular da área Noelia Varela anima a toda a veciñanza do municipio a participar neste interesante obradoiro que “ademais de entreter, serve como punto de encontro para veciños e veciñas ao tempo que lles ofrece novas ferramentas e recursos para mellorar a súa calidade de vida”, subliñou.

A primeira sesión terá lugar na Casa do Mar de Corme o luns 2 mentres que en Ponteceso será o martes 3 e o mércores 4 na Biblioteca Municipal. Vémonos despois do Entroido!

Concello de Ponteceso