Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso habilita o sistema de cita previa para a atención presencial nas dependencias municipais

Para calquera trámite administrativo que precise atención presencial o Concello habilita o sistema de CITA PREVIA.

Pódese solicitar:
1º A través da páxina web municipal www.ponteceso.gal na pestana “Formulario Cita Previa” ou ben a través da Sede Electrónica en “Solicitude de cita previa”.
2º A través do correo electrónico concello@ponteceso.gal.
No caso de utilizar este sistema, o cidadán debe indicar:
• Nome completo
• DNI/NI
• Teléfono de contacto
• Correo electrónico
• Preferencia horaria para ser atendido nas dependencias municipais
• Departamento ao que se dirixe
• Si se trata dunha consulta urxente ou non.
3º A través do teléfono 981.714.000

Prohibida a permanencia nos edificios municipais sen respectar o distanciamento social de 2 metros coa persoa precedente.

Concello de Ponteceso