Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso aprobou onte dous contratos de 257.185,5 euros e un plan de obras de 264.487 euros, que sairá a concurso a vindeira semana

As obras, por un total de 530.000 euros, teñen como obxectivo atraer novos veciños aos núcleos rurais de Ponteceso, promocionar os lugares singulares como A Costa en Corme Aldea, e impulsar o centro residencial de Bardaio

O Concello de Ponteceso ten en marcha xa 530.000 euros de fondos provinciais para activar o interese inmobiliario por investir nos núcleos rurais e urbanos de Ponteceso. Corme-Porto, Corme Aldea, Xornes, Riotorto, Bardaio, Niñóns, Langueirón, Tella e Pazos son os destinatarios dos proxectos.
Sinatura de contratos para dous proxectos de infraestruturas de 106.734.10€ e 150.451,40€, o que supón un total de 257.185,5 euros. Onte, venres 31 de xullo, o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, asinou co representante de Construcciones López Cao os contratos para dous importantes proxectos que forman parte da estratexia municipal para atraer investimento e novas familias ao noso concello.
O primeiro destes proxectos, cun custe de 106.734.10€ con IVE, inclúe tres melloras. En primeiro lugar, pavimentaranse os viais de acceso ao núcleo de Sergude en Xornes. En dous treitos de 295 metros e 260 metros con anchos variables, preténdese a mellora da capa de rodaxe con 5 cm de aglomerado en quente, previa reparación de baches e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.
En segundo lugar, pavimentarase un vial de 320 metros de lonxitude e 3 metros de ancho en Bardaio, mellorando a capa de rodaxe con 5 centímetros de aglomerado en quente, previa reparación de baches e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Tamén se contempla o formigonado de 520 metros de berma con 12 centímetros de HM-20. Finalmente, contémplase a apertura de gabias e limpeza de salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal.
Por último, pavimentarase o vial de Bardaio a Riotorto, cunha lonxitude de 985 metros e 4,5 metros de ancho. Mellorarase a capa de rodaxe con 5 centímetros de aglomerado en quente, previa reparación de baches e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Tamén se contempla o formigonado de 520 metros de berma con 12 centímetros de HM-20. Finalmente, contémplase a apertura de gabias e limpeza de salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal.
O segundo proxecto terá un importe de 150.451,40€, polo que o custe total de ambas obras será de 257.185,5 euros. Dunha banda, zona sur da rúa Sol e adxacentes en Corme Porto, onde se continuará a pavimentación existente nas rúas xa reformadas na zona. Para iso, executarase un pavimento de formigón desactivado combinado con adoquín. Tamén se contempla a execución dunha rede de pluviais en viais e acometidas domiciliarias que permitan separar estas da rede de fecais, a adaptación das arquetas e pozos das redes existentes e a demolición e reposición de chanzos actuais de acceso a vivendas e locais.
Doutra banda, mellorarase a empinada rúa de acceso a vivendas elevadas no lugar A Costa en Corme Aldea, substituíndo o pavimento bituminoso actual por un de formigón desactivado combinado con adoquín. O lugar ten as vistas máis fermosas de Corme Aldea. Inicio do expediente de contratación de Niñóns, Tella, Pazos e Langueirón.
Ademais destes proxectos, a Deputación vén de autorizarnos dúas obras máis, das que o Concello de Ponteceso publicará a oferta para que as empresas interesadas en realizar estes proxectos poidan concursar. “Sempre que a Deputación autoriza os proxectos, nós levamos xa meses facendo todos os trámites e autorizacións previas, así que a licitación vai saír xa.”
Estas dúas obras incluirán a mellora viaria do núcleo de Niñóns. “A obra foi moi demandada polos veciños de Niñóns nunha reunión celebrada na Asociación Nosa Señora do Faro, polo perigo de que o camión de recollida de residuos sólidos caia. Por iso se vai facer un gran muro de contención.” declarou o Alcalde. En continuación coas actuacións recentemente realizadas, pavimentando unha superficie de 295 metros cadrados dos viarios interiores con 15 cm de formigón desactivado delimitado con franxas de adoquín granítico, previa demolición do pavimento existente. Nun viairio de acceso anexo, pavimentarase con 5 cm de aglomerado en quente, previo bacheo do mesmo con 10 cm de grava e rega semiprofunda e ensanche de 1,6 metros nunha lonxitude de 45 metros. Para isto, executarase un muro de escollera cunha altura máxima de 3 metros, sobre o que se disporán, a modo de barreira, perpiaños de pedra granítica. Este muro suporá a inversión económica máis elevada.
Ademais, as obras aprobadas pola Deputación tamén se realizarán en Tella, onde, por un lado, realizarase unha mellora no entorno do local social, arranxos do contorno da Escola Unitaria e e rúa en Langueirón, cun custe total de 55.481€.
Tella: Nunha superficie de 250 metros cadrados, optimizarase o acceso á infraestrutura coa creación dun novo pavimento de formigón coloreado de 15 cm de espesor sobre o actual, que será necesario demoler parcialmente nos encontros. Tamén se contempla a creación dun ramal que, desde este, dea acceso á pista deportiva existente.
Ademais, proponse a dotación dunha rede de saneamento que permita a conexión do local social e da escola á rede xeral, e a canalización das pluviais do local social, coa execución de 265 metros de tubaxe de PVC 315 cos seus correspondentes pozos, arquetas e conexións. Inclúese a reposición dos viarios afectados polas canalizacións e a mellora das superficies entre edificios en catro treitos.
Tamén se realizará unha mellora no camiño de acceso a Tella Aldea nunha superficie total de 645 metros cadrados, coa extensión de 5 cm de aglomerado en quente, previo desbroce de marxes e bacheo de todo o camiño con recargo nun treito de 85 metros e 3,5 metros de ancho, con grava e rega asfáltica semiprofunda. Tamén se contempla a mellora da drenaxe na contorna das casas coa execución de 30 metros de berma formigonada, instalación de 9 metros de caz con reixa e a canalización de 19 metros con tubaxe de PVC 315.
Gran parte do importe da obra vai para potenciar unha das parroquias con maior atractivo dende o punto de vista da construción de vivendas unifamiliares, Pazos de Arriba. Nunha lonxitude total de 1.095 metros e cun ancho medio de 3,5 metros preténdese a mellora do pavimento dos camiños coa extensión dunha nova capa de 5 cm de aglomerado en quente, previo ensanche dos mesmos en 0,5 metros e bacheo con 10 cm de grava e rega semiprofunda. “Con máis dun quilómetro de renovación urbana nun núcleo con moitos solares edificables, imos apostar tamén por resolver o problema da recollida de pluviais. Apostamos por un núcleo con gran interese urbano e empresarial como Pazos de Arriba.” Unha gran tubería de pluviais leva gran parte do investimento tamén.
O proxecto tamén inclúe arranxos viairos en Tella e Langueirón. En base a todo isto, a previsión de orzamentos para este ano é de 8 millóns de euros.

Concello de Ponteceso