O MELGA ABRE AS SÚAS PORTAS EN SEMANA SANTA
Comunicamos a todos os posibles usuarios que desexen visitar, por libre ou pola súa conta, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) en Ponteceso, que excepcionalmente abriremos as súas portas no horario seguinte:
XOVES, VENRES E SÁBADO: de 11,00 a 14,00 h. e de 17,00 a 19,00 h.
DOMINGOS: de 11,00 a 14,00 h.
Para calquera dúbida, por favor, póñanse en contacto con nós, nos teléfonos 981.71.54.42 ou 661.20.02.46. Non é necesario solicitar cita previa.
¡Esperámolos!
A colección de Ricardo Pérez y Verdes
Visitas guiadas
Aprende xogando
O Museo Etnolúdico de Galicia
O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) é unha institución museolóxica de carácter permanente que ten como misión fundamental a conservación, investigación e difusión do patrimonio cultural galego relacionado co xogo tradicional, co deporte tradicional e coa historia do xoguete. Nel tamén se mostran obxectos e pezas de grande interese, procedentes de España e de pobos e rexións da xeografía mundial.
O MELGA é un espazo de compromiso co pasado lúdico que serve de instrumento didáctico para as presentes e futuras xeracións, no que se organizan multitude de actividades e eventos anualmente.
Entradas grupos
As visitas en grupo deben reservar con antelación
Reserva a túa visita agora
¿Queres vir a xogar con nós?
¡Galicia e o deporte teñen moito que contarche!
Vexo, vexo… ¿qué ves?… uns bolos, unha billarda, un aro, unhas canicas, unhas tabas, érase unha vez… unha casiña de bonecas, un tiovio, unha carreira de carretas, un día de caza e pesca, un lanzador de pedras…
Novidades
O MELGA ABRE AS SÚAS PORTAS EN SEMANA SANTA
Comunicamos a todos os posibles usuarios que desexen visitar, por libre ou pola ...
Un grupo de alumnos lucenses desprázanse ao MELGA para realizar unha visita guiada
Onte pola mañá mércores 28 do presente mes de febreiro, foi un día especial ...
Outro ano máis os Xogos Tradicionais foron o acto central dun numeroso cumpleanos en Paderne (Betanzos)
Debido á gran acollida que tivo o ano-23 pasado, na súa primeira edición, ...
Segunda sesión matinal ao MELGA do gupo de “medianos” do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso
Despois de rematada a primeira sesión ás 11:30 h., cos “pequenos”, deuse ...
Un grupo de “pequenos” do Centro Escolar Eduardo Pondal de Ponteceso visitan o MELGA por primeira vez neste comezo de 2024
Hoxe, venres día 16 do presente mes de febreiro-24, tivemos a visita guiada ...
Unha peza antiga máis para os fondos museísticos do MELGA
Despois de moitos anos perseguindo unha “xoia” como a que esta semana acaba ...