Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no Programa de Termalismo Social do Imserso

As solicitudes poderán presentarse de forma presencial, por correo ou a través da sede electrónica

Se es pensionista e che apetece desfrutar dunha relaxante estadía nun balneario, estás de parabéns porque o Instituto de Maiores e Servizos Sociais do Ministerio de Consumo, Sanidade e Benestar Social vén facer pública a convocatoria para 2020 do Programa de Termalismo Social do Imserso do que se beneficiarán 208.500 persoas. E estes son os prazos de solicitude asignados para esta ano. Toma boa nota!

Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos incluídos:
? Con prioridade na adxudicación de praza: ata o 10 de xaneiro de 2020.
? Para a súa inclusión na Lista de Agarda de Prazas para a cobertura de prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias: ata o 14 de maio de 2020.

Para as quendas dos meses de setembro a decembro, ambos incluídos:
? Con prioridade na adxudicación de praza: ata o día 15 de maio de 2020.
? Para a súa inclusión na lista de agarda de prazas para a cobertura de prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias: ata o 30 de outubro de 2020.

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude de maneira presencial, en calquera delegación do Imserso, por correo ou por medios electrónicos.

A adxudicación de prazas efectúase de acordo coa puntuación obtida polos expedientes, tendo en conta os balnearios e quendas solicitados.

A resolución adoptada notifícase por escrito a todas as persoas solicitantes; en concreto para as persoas solicitantes das quendas dos meses de setembro a decembro de 2020, na segunda semana do mes de xullo notificarase por escrito a asignación, no seu caso, das prazas solicitadas.

Concello de Ponteceso