Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Consellería de Sanidade convoca un cribado masivo en Ponteceso

O Concello de Ponteceso fai un chamamento a toda a veciñanza do municipio para que consulten o seu teléfono móbil entre hoxe pola tarde e o domingo, xa que a Consellería de Sanidade convocará a todas as persoas MAIORES DE 18 anos e MENORES DE 65 a un CRIBADO MASIVO. .

O cribado realizarase no centro de saúde Ponteceso a partir do venres pola tarde, e sábado e domingo durante todo o día. O horario da cita de cada persoa aparecerá na mensaxe de texto que recibirá.

Desde o Concello faise un chamamento a toda a poboación que reciba a mensaxe para que acuda a facer o cribado. A participación é de gran importancia, así como seguir mantendo as medidas de prevención e respectando as restricións.

Atopámonos moi satisfeitos pola convocatoria deste cribado por parte da Consellería. Poñeremos á disposición os medios cos que contamos para colaborar tanto desde o Concello como desde Protección Civil de Ponteceso, para evitar colas e aglomeracións. Así mesmo, desexamos unha pronta recuperación a todas as persoas convalecentes.

Concello de Ponteceso