Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A segunda edición do Mercado Artesán "Marusía" colleita de novo unha gran acollida

Amais de desfrtuar dos produtos artesáns dos postos do mercado, o público asistente puido participar nas diferentes actividades paralelas programadas arredor do evento

O Mercado Artesán Marusía, que este sábado 14 de agosto celebrou a súa segunda edición deste verán, colleita de novo unha gran acollida por parte do público. Logo de ser adiada, pois estaba prevista para levarse a cabo o pasado 24 de xullo, os postos de artesanía volveron encher o Xardín Vello de Corme.
O evento, organizado pola organización Mulleres do Pobo e coa colaboración do Concello de Ponteceso, contou amais con diversas actividades paralelas dirixidas a todo o público e que se levaron a cabo en diversos puntos da localidade. Todas as persoas que visitarono mercado artesán, nenos e nenas e adultos, puideron participar dende dunha clase de ioga ou do monólogo de Bea Sanvil, e como non, de moita música que mesmo pechou o Mercado Artesán Marusía coa Foliada aberta no Xardín Vello.

Concello de Ponteceso