Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Aberto o prazo para que os mozos e mozas soliciten as axudas para o permiso de conducir

A subvención será de 400 euros para o carné tipo B e 650 para o de tipo C

O prazo para solicitar os mozos e mozas as axudas para o pago do permiso de conducir de coche (Tipo B) e camión (Tipo C), está aberto ata o vindeiro 13 de setembro.

Os interesados e interesadas en solicitar esta axuda deberán ter máis de 18 anos, estar empadroados na Comunidade Autónoma desde hai un ano e inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén teñen que estar matriculadas nunha autoescola de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter obtido o permiso entre o 1 de xaneiro e a data da presentación.

As solicitudes teñen que se presentar por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso