Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso entrega cincuenta composteiros aos veciños e veciñas para seguir contribuíndo no coidado do medio ambiente

Súmanse así aos cincuenta que xa se repartiran o pasado mes de xuño, e ante a boa acollida desta iniciativa o Concello adquirirá máis composteiros para seren entregados aos veciños que así o soliciten

Entrega de 50 composteiros aos veciños e veciñas de Ponteceso
Medio cento de veciños e veciñas do Concello de Ponteceso xa teñen o seu composteiro, únense así aos 50 que xa comezaron a facer compost nas súas casas dende o mes de xuño.
O Concello fixo entrega destes composteiros ao remate da charla formativa que acolleu esta mañá a Biblioteca Municipal. Na sesión explicativa, impartida por unha técnica da Sociedade Galega do Medio Ambiente, SOGAMA, as e os participantes puideron coñecer o seu uso correcto e resolver as dúbidas arredor desta práctica que permitirá reducir os residuos orgánicos que se depositan nos colectores do lixo. Amais, tamén puideron familiarizarse cunha clase práctica de montaxe dos composteiros nos exteriores da Centro Cultural de Ponteceso.
Con esta iniciativa, o Concello Ponteceso, continúa a traballar para o fomento de prácticas sostibles e de coidado do medio ambiente. Amais, ante a boa acollida adquiriranse máis composteiros e repartiranse entre as e os veciños que así o soliciten.

Concello de Ponteceso