Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Ponteceso dá a benvida ó Nadal co acendido do alumeado

As prazas do Recheo e da Ribeira, entre outros lugares do concello, xa locen de distintas cores


O Nadal xa chegou a Ponteceso. Distintos adornos de luces locen polo concello. Para exemplo, só algúns deles como unha árbore na Praza do Recheo, un candelabro en Pazos ou un corazón na Praza da Ribeira de Corme.
Dende o Concello de Ponteceso convidamos a todo o mundo e, especialmente, ós nosos veciños e veciñas, a gozar destas datas tan especiais na vila de Pondal. Animamos a apoiar ó noso comercio e á nosa hostalaría, tendo en conta as medidas sanitarias polo covid-19.

Concello de Ponteceso