Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Un obradoiro de pintura sobre madeira para celebrar os días europeos da artesanía

Levarase a cabo o día 2 de abril na Fundación Pondal

O Concello de Ponteceso invita a tod@s a participar nos días europeos da artesanía a través dun obradoiro de pintura sobre madeira o vindeiro 2 de abril.

Aproveita a oportunidade para aprender da man de Leonor Díaz González, “Como Pez en el Agua de Vigo", e crear pezas únicas e inspiradas na natureza, no mar e nos oficios artesanais de Galicia.

Será unha xornada na que tod@s @s que participen, poderán converter a madeira nunha auténtica obra mestra a través de pinceis e acrílicos. Achégate a este universo creativo e descubre os teus dotes artísticos mediante este taller.

Levarase a cabo na Fundación Pondal, de 11.00 a 14.00 horas, e de 16.00 a 19.30.

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso