Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O goberno de Ponteceso leva tramitado máis dun millón e medio de euros en solicitudes de subvencións no que vai de ano.

As peticións fixéronse á Deputación da Coruña e á Xunta de Galicia.
























O executivo agradece o intenso labor administrativo dos empregados e das empregadas municipais.
A continuación, detállanse cada unha delas.
▪ DEPUTACIÓN PROVINCIAL
- Para persoal das oficinas de turismo 20.000€
- Para persoal de cultura 15.000€
- Para persoal de deportes 15.000€
- Para persoal de museos 20.000€
- Para a escola de danza municipal 10.000€
- Para o mantemento do servizo de normalización lingüística 15.000€
- Para o persoal de #servizos sociais 69.668€
- Para o convenio do grupo de #emerxencias supramunicipal 112.000€
- Plan único POS+ADIC 1/2022 (Gastos Sociais dependencia) 74.394,05€
- Plan único POS+2022 OBRAS separativa de pluviais en Corme 234.735,73€
- Plan único POS+2022 servizos esenciais municipais 212.554,42€
- Plan único POS+2022 complementario, recollida pluviais da Trabe 233.892,93€
- Plan de Emprego Local, contratación de desempregados/as 40.000€
Total 1: 1.072.245,13 euros
▪ XUNTA DE GALICIA
- Ler conta moito (bibliotecas)
- Orientadora laboral 26.000€
- ADL (concedido 11.537,14€)
- Convenio GES 140.000€
- Biblioteca novidades
- Socorristas 33.999,80€
- APROL 27.925,02€
- RISGA 10.505,79€
- Conciliación 14.850€
Total 2: 264.817,75 euros
▪ OUTRAS AXUDAS SOLICITADAS
Ademais, o Concello de Ponteceso ten solicitadas á Deputación da Coruña subvencións para a rede cultural por valor de 37.000€, e para a limpeza de praias, por 33.840€.
Do mesmo xeito, o Concello tramitou a través da Xunta de Galicia unha axuda de 34.122,43€ para o subministro de equipos para a EDAR de Pazos e Ponteceso, e 55.924€ (sen o IVE) do proxecto para o camiño de Vilasuso á Bugalleira e ás Martizas, en Pazos. Asemade, están solicitados 120.000€ da Consellería de Industria para a segunda fase do acceso ao polígono, e 56.507€ do e ó Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Costa da Morte para a posta en valor das #actividades mariñeiras nos portos de Corme e Brantuas. A última subvención que se solicitou foi a de conciliación da Xunta.
Total 3: 337.393,43 euros
TOTAL: 1.674.456,31 euros

Concello de Ponteceso