Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso únese á declaración Institucional con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+

O consistorio condena calquera tipo de discriminación por orientación sexual en
calquera ámbito

O goberno municipal vén de aprobar este venres, a adhesión do Concello de Ponteceso á Declaración Institucional con Motivo do día Intencional do Orgullo LGTBIQ+,promovido pola FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias).
A concelleira de Servizos Sociais, Noelia Varela, considera este acto "fundamental para lograr a igualdade, respecto e amor por todas a persoas do colectivo LGTBIQ+". Cre que é de vital importancia traballar os 365 días do ano na concienciación da igualdade e respecto a este colectivo. Varela sinala que dende o Concello se traballan políticas para sensibilizar e concienciar á veciñanza e resalta que Ponteceso foi un dos primeiros concellos galegos en unirse á Declaración. A vila declárase un Concello libre de homofobia, bifobia e transfobia e condena calquera tipo de discriminación por orientación sexual.

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso