Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Ponteceso continúa na senda de promocionar a Vía Céltica con dúas rutas

O Concello de Ponteceso segue promocionando este histórico itinerario organizando dúas etapas da Vía Céltica que discorre pola vila.
As etapas son as seguintes:
• Sábado 22 de abril: 10.00h a 14.00 horas Corme Porto – Nemeño. Distancia
12km
• Sábado 6 de marzo 10.00h a 14.00 horas Nemeño- A Pontedona. Distancia 12km
As saídas do autobús serán ás 9.30 horas dende Ponteceso e Corme Porto tanto a ida como a volta nas dúas etapas.
Durante o percorrido os participantes poderán selar a compostelana nos diversos locais adheridos á Vía Céltica. Os camiñantes poderán coñecer o patrimonio e gozar das
fermosas paisaxes que ofrecen as diferentes etapas.
Para máis información, pódese contactar coa Área de Turismo do Concello a través dos teléfonos 981 714 000 e 881 984 470 ou do correo electrónico
turismoponteceso@ponteceso.net.

Concello de Ponteceso