Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O CONCELLO FAI REALIDADE UNHA DEMANDA HISTÓRICA CO INICIO DO ACONDICIONAMENTO DA PISTA DE BRANTUAS

O Concello fará realidade, proximamente, unha demanda histórica dos veciños e veciñas de Brantuas: o arranxo da pista que conecta a zona de Brantuas de arriba e Brantuas de abaixo. Os traballos, que
comezaron nos últimos días, contan cun investimento aproximado de 100.000
euros e permitirán mellorar significativamente o estado actual do camiño, favorecendo a mobilidade e a seguridade na zona.

O alcalde, José Manuel Mato, destacou que esta actuación “permitirá mellorar
a conectividade entre ambos núcleos, dando resposta a unha petición
histórica dos residentes”. Así mesmo, explicou que o goberno local tiña
previsto iniciar as obras con anterioridade, pero as condicións climatolóxicas obrigaron a aprazar o seu comezo.


O proxecto contempla a ampliación da sección da vía e a mellora da súa
plataforma. Para iso, realizaranse tarefas de roza e limpeza da vexetación, a escarificación completa do firme, a aplicación de dúas capas de
pavimentación e a execución de cunetas de zahorra en ambas marxes do
camiño.


Con estas actuacións, o goberno local volve reafirmar o seu compromiso por
mellorar a rede de estradas e caminos reforzando as condicións de
seguridade viaria.

Concello de Ponteceso