Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Turismo :: Presentación

Presentación

Rodeiro, Concello cazador

Rodeiro pasa por ser un concello do interior montañoso de Galicia con importante presencia de caza e cazadores. Sen dúbida, a caza supón hoxe un expoñente significativo da ligazón do home coa natureza. A importancia que a caza ten social e culturalmente emana do gran número de persoas que practican esta actividade, pero tamén das diversas actividades que se xeneran en torno a este colectivo, tales como a gastronomía.

Noutro orde, derívase da caza unha actividade económica destacable, que contribúe a reforzar de xeito notable o turismo, a industria e o comercio. Pero destaca tamén o aspecto ambiental que caza e cazadores aportan. A actividade venatoria supón un exercicio de conservación da natureza e do contorno, respectando o ecosistema, axudando a gardar o equilibrio entre os hábitats e as especies e convertendo os espacios cinexéticos en auténticas reservas da biodiversidade.

Rodeiro, terra de verdor e auga, é un concello con moitas posibilidades de pesca e tamén cunha ampla variedade de caza. Hai abundante xabarín e tamén algúns venados e corzos, no que á caza maior se refire. Na caza menor hai que señalar unha certa abundancia de coellos e perdices. Destacan as espectaculares cacerías de zorros e xabaríns que se llevan a cabo nestas terras.

O porco bravo ou xabarín é moi abondoso actualmente en Rodeiro. Non é un mamífero fluvial, pero as súas pisadas e os seus revolcóns, que se notan perfectamente, indican que visita os ríos con moita frecuencia. Vellos solitarios y grandes manadas de femias coas súas crías campan por un territorio practicamente virxen. A gran variedade de flora permítelles alimentarse sen ter que recurrir a migracións indesexables. Castiñeiros e carballos en abundancia son visitados diariamente polos xabaríns.

O lobo tamén habita as terras de Rodeiro, especialmente na Serra do Faro, onde pode andar varios quilómetros sen atoparse con xente. Na actualidade, estímase que existen unha trintena de lobos espallados por todo o concello. A zona central de Galicia é un dos lugares máis axeitados para a súa reproducción, tal como mostra o gráfico.

Pero a perdiz, a lebre e o coello son os reis da caza menor. Os coellos de Rodeiro destacan precisamente pola súa xenética, ó permaneceren en estado salvase, sen mestura con coellos de granxa. O seu número vénse reducindo nos últimos anos debido ás enfermidades que os atacan. As perdices non son moi numerosas, igual que no resto da Comunidade Autónoma, pero aínda se poden ver niñadas de 7 e 8 perdigóns.
Concello de Ponteceso