Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

AUMENTO DE PRESIÓN DE AUGA NA RÚA SANTANDER

O Concello de Ponteceso informa que mañá, martes 14 de maio, está prevista a variación da presión da rede de abastecemento en Corme-Porto, nas vivendas incluidas dentro do proxecto de mellora da Rúa Santander.
Deste xeito, os fogares contarán a partires desta data con máis presión na rede de abastecemento.

AMPLIACIÓN HORARIA FESTAS DIVINA PASTORA

Ante a solicitude presentada pola Asociación Divina Pastora a través de rexistro para ampliar o horario de finalización da festa ata as 5:30 horas da madrugada os días 10 e 11 de maio do 2024, o alcalde do Concello de Ponteceso, José Manuel Mato, resolveu por decreto ampliar o horario de finalización da festa Divina Pastora unha hora os días 10 e 11 de maio.

RUTA E CALENDARIO DE RECOLLIDA DE RESIDUOS URBANOS ESPECIAIS NON VOLUMINOSOS

Hoxe, luns 6 de maio, deu comezo a ruta de recollida de residuos urbanos especiais non voluminosos no Concello. Para unha boa coordinación coa veciñanza, publicamos a ruta e o calendario que se seguirá dende hoxe ata o próximo 22 de maio.

O CONCELLO PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA ENTRE A SÚA VECIÑANZA

O Concello de Ponteceso, no seu obxectivo de coidar o medio ambiente, impulsa un programa de compostaxe doméstica entre a veciñanza do municipio. Esta técnica pretende que os residuos orgánicos, que compoñen preto do 50% das nosas bolsas, queden na propia terra.

O CONCELLO PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA ENTRE A SÚA VECIÑANZA

O Concello de Ponteceso, no seu obxectivo de coidar o medio ambiente, impulsa un programa de compostaxe doméstica entre a veciñanza do municipio. Esta técnica pretende que os residuos orgánicos, que compoñen preto do 50% das nosas bolsas, queden na propia terra.

CONSULTA PÚBLICA DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA INSTALACIÓN DE TERRAZAS

O alcalde do Concello de Ponteceso, José Manuel Mato, ditou a providencia para iniciar o expediente de aprobación da Ordenanza reguladora da instalación de terrazas en espazos de uso público.
O borrador de ordenanza que consta como anexo rexe a tramitación do procedemento. Realízase a consulta pública a través desta páxina web para coñecer a opinión das posibles persoas afectadas pola norma, os problemas que hai que solucionar, a necesidade e a oportunidade de aprobar a ordenanza, os obxectivos da norma e as posibles solucións alternativas.
Durante 15 días desde a súa publicación, as persoas usuarias do servizo ou calquera persoa interesa pode consultalo e presentar suxestións.
Pode consultar o borrador descargandoo na ligazón que aparece debaixo destas liñas.

BANDO EXPOSICIÓN PÚBLICA CENSO ELECTORAL

As listas electorais estarán expostas ó público para que os/as interesados/as as consulten para os efectos da presentación de reclamacións. O período de reclamacións vai dende o 22 ata o 29 de abril 2024 (ámbolos dous incluídos).
Tódalas persoas interesadas poderán comproba-los seus datos electorais nas dependencias municipais do Concello, durante os días hábiles, de luns a venres, de 09.00 h. a 14.00 h., presentando o DNI (orixinal), ou documento análogo, ou tamén chamando ós teléfonos de consulta: 900 343 232 (gratuíto) – 981 217 439.

AGADER. PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS 2023-2024

Documento gráfico da obra: Camiño de Torres de Tallo a Bouza e outro.

TERCEIRA ACTA DO TRIBUNAL PARA FORMAR UNHA BOLSA DE EMPREGO, CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, DE OPERARIOS DE OBRAS E SERVIZOS, AO ABEIRO DO PEL CONCELLOS 2024

O día 26 de marzo de 2024, ás 10:30 h reúnense as persoas que forman parte do tribunal para formar unha bolsa de emprego, contratación laboral temporal, de operarios de obras e servizos ao abeiro do programa de integración laboral PEL CONCELLOS 2024 da Deputación Provincial da Coruña, por medio de concurso-oposición.
Pode consultar a acta picando na seguinte ligazón.

O CONCELLO INICIA A CAMPAÑA DE TRAMPEO PRIMAVERAL DE RAÍÑAS DE VESPA VELUTINA

O Concello de Ponteceso inicia a campaña de trampeo primaveral de raiñas da vespa velutina, xa que esta é a época na que as raíñas fundadoras comezan a formar os niños e, por tanto, o momento no que debe realizarse un maior esforzo para evitar o xurdimento de novas colonias.
A captura de raíñas faise dende marzo ata finais de maio, coincidente coa fase de construción e actividade do niño primario.
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello iniciou a colocación de trampas en puntos estratéxicos das catorce parroquias do termo municipal, centrándose especialmente en espazos verdes, parques e prazas públicas.
Ao mesmo tempo, o Concello fai un chamamento á colaboración e implicación da cidadanía nesta campaña, polo que pon a súa disposición trampas e líquido atraínte.
Estes dispositivos poderán solicitarse mediante o seguinte formulario https://forms.gle/hB5aCxJqgXoo1WGs6 e serán entregados o vindeiro día 8 de marzo de 2024 ás 12:00 horas no salón de plenos do Concello. A cambio, o compromiso de contabilizar as raíñas capturadas e trasladar a información aos responsables do Concello que van realizarán o seguemento para coñecer os puntos nos que exista unha maior presenza de velutinas.
Antes de proceder á entrega do material terá lugar unha charla informativa sobre a vespa velutina.
Así mesmo, lémbrase que no caso de detectarse un niño de vespa velutina é preciso chamar ao teléfono 012 para poñelo en coñecemento da Xunta de Galicia e proceder á súa eliminación.


 1  2

Concello de Ponteceso