.png)
Onte martes desputábanse as finais da 1ª edicción da Liga de Verán de Tenis Concello de Ponteceso que tivo lugar na pista exterior de Corme (desputada en xullo e primeira semana de agosto) e patrocinada por Cervecería O Pazo (Pazos).
Felicitamos a todos os participantes pola deportividade mostrada ao longo de toda a Liga.
Ás 20:15h comezaba a final de consolación (6 xogos). Entre os xogadores, Dani Valle e Eloy Álvarez. Sería Dani Valle quen gañaría por 6-5 alzándose así co 3º posto na clasificación.
As 21:15h comezaba a Final (7 xogos), desputada por Javier Capone e Alberto Recarey.
O resultado final foi de 7-5 a favor de Alberto, quedando éste polo tanto 1º campión da Liga.
Foi Alicia Cousillas da Cervecería O Pazo, quen fixo entrega dos trofeos en presenza do Concelleiro de Deportes Marco Varela Vidal.
CLASIFICACIÓN FINAL;
1º ALBERTO RECAREY
2º JAVIER CAPONE
3º DANI VALLE
4º ELOY ALVAREZ
Dende a Concellería de Deportes do Concello de Ponteceso esperamos repetir esta edición de verán no próximo curso e poder levala tamén a outras pistas do Concello.
Descargas asociadas