Todas as comparsas levaron un premio económico
Ponteceso gozou este domingo do entroido polo centro da vila co desfile de disfraces, que xa vai pola edición número 28. A festa rematou no pavillón municipal coas  actuacións dos entroidos e máis animación. 
Foron seis as comparsas que nesta xornada se animaron a vestir as súas galas máis orixinais, e todas levaron premio en función do número de persoas que as integraban do seguinte xeito: 11 ou máis integrantes, 250 euros; de 6 a 10, 200, e de 5 ou menos, 100. Estas foron as representacións: Souvenirs, Souvenirs; A familia Telerín, Pallá  voy, Os paiasos da tele, Oa bombeiros con flow e Os Minicraferos. 
A maiores, os últimos, dous cativos ben xeitosos, fixéronse co premio especial de 350  euros. A decisión foi tomada polos propios participantes.
Descargas asociadas