Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O CONCELLO REMATA A RENOVACIÓN DA PISTA QUE UNE A BUGALLEIRA E O RIEIRO, NA PARROQUIA DE TALLO

O Concello de Ponteceso vén de concluír as obras de mellora e renovación da pista municipal que conecta os lugares da Bugalleira e O Rieiro, na parroquia de Tallo, unha actuación de gran relevancia para a mobilidade da zona e que permitirá mellorar de maneira significativa as comunicacións entre distintos núcleos desta parroquia.

Os traballos executados consistiron na renovación integral da vía mediante a extensión dun novo firme, mellorando notablemente as condicións de circulación e incrementando a seguridade tanto para os vehículos como para os usuarios desta vía. A actuación responde ao compromiso do Goberno municipal de continuar avanzando na modernización da rede viaria local, especialmente nas zonas rurais, onde as infraestruturas de comunicación resultan fundamentais para o desenvolvemento da actividade diaria da veciñanza.

A pista presentaba importantes deficiencias derivadas do paso do tempo e do uso continuado, o que dificultaba a circulación e xeraba incomodidades para os residentes e para as persoas que empregan habitualmente esta conexión. Coa execución desta obra conséguese dotar a este tramo dun firme renovado e adaptado ás necesidades actuais, garantindo unha mellor accesibilidade e unhas condicións máis axeitadas para o tránsito.

O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, destacou a importancia desta intervención dentro da estratexia municipal de mellora das infraestruturas locais, afirmando que "esta é unha actuación moi importante para a parroquia de Tallo porque resolve problemas de comunicación que viñan sendo demandados desde hai tempo polos veciños e veciñas".

Concello de Ponteceso