O Concello de Ponteceso publica toda a información relativa ao VIII Certame Internacional de Pintura ao Aire Libre Fernando Álvarez de Sotomayor.
A cita terá lugar o domingo, 19 de xullo, e ao longo da mesma repartiranse 12.600 euros en premios aos mellores artistas.
As preinscricións poderán realizarse no departamento de Cultura a través do correo electrónico adrian.brandariz@ponteceso.gal.
As persoas interesadas poderán consultar as bases de participación e a folla de inscrición na descarga asociada desta publicación.
Descargas asociadas