Corme acollerá unha conferencia con moitas sorpresas sobre o Títanic, cando se cumpren cen anos do seu afundimento. Será impartida por un dos homes que máis sabe sobre o buque, Jesús Ferreiro, Presidente da Fundación Titanic en España. Ferreiro, nacido en Corme, é un dos responsables da espectacular exposición sobre o Titanic, e foi o presentador do programa Onda Pesquera. Organiza a Concellaría de Cultura do Concello de Ponteceso.