Torneo de ping pong
30 de decembroNo pavillón municipal de Ponteceso.
Para nenos e nenas de 10 a 15 anos de 16:00 a 17:30h.
Para
maiores de 16 anos a partir das 18:30h.
Mínimo de 6 inscritos/as en cada categoría para que se realice a actividade, reservámonos o dereito de facer cambios para conseguir un torneo máis equitativo.
Torneo de Tenis
28, 29 e 30 de decembroNos pavillóns municipais:
Entre 7 e 10 anos o 29 e 30 de decembro de 11:00 a 12:00. Non competición.
Entre 11 e 15 anos o 29 e 30 de decembro de 12:00 a 13:30
Para maiores de 16 anos o 28 e 29 de 16:00 a 18:30h
Mínimo de 6 inscritos/as en cada categoría para que se realice a actividade, reservámonos o dereito de facer cambios para conseguir un torneo máis equitativo.
Obradoiro de English Christmas
29 e 30 de decembroO 29 de decembro impartirase na aula municipal en Corme, e o día 30 na de Ponteceso, dirixido a nenos/as de 6 a 10 anos.
Programa DOCU-MENTA
Ata o 20 de decembroPrograma de sesibilización e concienciación sobre novas tecnoloxías e audiovisual entre a terceira idade.
Certame de corais
18 de decembroXIV Certame de Corais que se celebrará na Igrexa dos Remedios de Corme coa participación das corais do concello e unha coral convidada de Oleiros. Ás 21.00h.
Concerto didáctico de Nadal
16 de decembroConcerto didáctico, ofrecido polo grupo de cámara Iulius XIII, en tódolos colexios do concello para alumnado de infantil e primaria.
Xogos populares en Ponteceso
13 de novembroXornada de xogos tradicionais no Campo da Feira (A Trabe-Ponteceso). Animádevos e vinde á reunión do martes 9 de novembro ás 19:30h, no Concello, para facer os equipos e ensinarvos os xogos. Poden participar todas as persoas maiores de 14 anos.
Homenaxe a Mourelle da Rúa
23 de outubroO Concello de Ponteceso e a Asociación histórico-cultural Gran Armada organizan un acto de homenaxe ao Almirante Mourelle da Rúa en Corme. En breve, publicaremos o programa de actos.
Exposición "Elas sempre están"
Do 2 ao 13 de outubroExposición adicada á muller do mundo rural galego. Pode visitarse na Fundación "Eduardo Pondal" en horario de apertura da Fundación.
Fútbol sala feminino
25 de setembroTrofeo Concello de Ponteceso de fútbol Sala feminino. O encontro desputarano:
Concello de Ponteceso-Esteiro.
Ás 18.00h no pavillón municipal en Ponteceso.