Torneo de tenis de mesa
29 de decembroDe 10:00h a 13:30 h, e competindo todos/as os/as inscritos/as na EDM de Deportes de Raqueta.
Torneo de fútbol sala
28 de decembroTrofeo prebenxamín de fútbol sala, de 10:00 a 13:30 horas, visitarannos en Ponteceso os demais concellos de Costa Bergantiñá para competir por gañar este torneo.
Xornadas de basket
26 e 27 de decembroDe 10:00h a 13:30 h, os/as nenos/as inscritos/as na Escola Deportiva Municipal de Baloncesto viaxarán a Malpica para competir.
Visita do carteiro real
20 e 21 de decembroNos colexios do Concello. O día 21 visitará o CRA e o 22 ás Forcadas e ao Pondal para recoller as Cartas en galego aos Reis Magos que se lles facilitaron desde o Departamento de normalización lingüística do Concello de Ponteceso.
Visita ao Parlamento de Galicia
21 de decembroA Fundación "Eduardo Pondal", en colaboración co Concello de Ponteceso, realizan unha visita ao Parlamento de Galicia. Saída ás 09.00h. Bus gratuíto. Todos os interesados poden porse en contacto telefónico co Departamento de Servizos Sociais. 981 714 000 ext. 3.
XV Certame de Corais
17 de decembroNo Centro Cultural en Ponteceso coa participación das corais do Concello e unha coral convidada de Oleiros. Ás 20.30h.
Conferencia sobre o cabotaxe
7 de decembroO cabotaxe en Corme durante o século XX. Conferencia ofrecida por José Ramón Varela Cousillas. Exposición dixital sobre barcos de cabotaxe. Na Casa do Mar de Corme ás 19.00h.
Concerto didáctico de nadal
7 de decembroOfrecido polo grupo Palitroque, dirixido ao alumnado de infantil e primaria de tódolos colexios do concello.
Matrícula escola infantil
Ata o 30 de novembroQuedan prazas libres na escola infantil "A Galiña Azul" de Ponteceso. Poderá solicitar praza nas dependencias da gardería.
Conto contigo
29 de novembroO departamento de servizos sociais, coa financiación da Secretaría Xeral da igualdade, pon en marcha no CEIP "Eduardo Pondal" de Ponteceso a actividade "CONTO CONTIGO". A actividade consiste na elaboración dun conto que lles permitirá traballar e comprender o porqué da desigualdade entre homes e mulleres e porque ás veces surxe a violencia de xénero. O obxectivo xeral é previr a aparición de conductas asociadas á violencia de xénero entre a población infantil do concello. Esta actividade vai comenzar no colexio o día 29 de novembro.