Teatro no nadal
28 de decembroÁs sete da tarde na Casa da Cultura. "Pequena" de Talía Teatro. Para todos os públicos.
Cine en Corme
27 de decembroÁs 19.00h no pavillón municipal en Corme.
XVI Certame de corais
22 de decembroMúsica coral de nadal na igrexa parroquial de Corme. Ás 20.30h.
Visita do carteiro real
17 e 21 de decembroVisita do carteiro real aos centros educativos do Concello.
Xornadas de orientación laboral
13 e 19 de decembroOs días 13 e 19 de decembro o Concello de Ponteceso, a través do servizo de orientación laboral, realizará unhas xornadas de orientación para o alumnado de 4º da ESO. Os contidos, que serán tratados en dúas sesións prácticas, foron elixidos polos partipantes.
Descargas asociadas
Ciclo de teatro
Sábados de novembroNova edición do Ciclo de Teatro do Concello de Ponteceso
Descargas asociadas
Semana contra a violencia de xénero
Do 19 ao 23 de novembroO Concello de Ponteceso organiza unha serie de actividades con motivo do día internacional contra a violencia de xénero, o vindeiro 25 de novembro. Propoñemos unha serie de actos durante a semana.
Actividades en Santa Icía
22 de novembroA Biblioteca Municipal en Ponteceso e a Biblioteca escolar do CEIP As Forcadas de Corme, acollen actividades culturais con motivo do día da música. Tamara Lema e Manuel Caridad achegarannos a obra Pola banda de Froxán.
Obradoiros para a búsqueda activa de emprego
21 e 22 de novembroO Servizo de Orientación Laboral do Concello de Ponteceso e Cabana de Bergantiños proporcionará ás persoas desempregadas unha formación para a busca activa de emprego. Os obradoiros constarán de dúas edicións, a primeira en Ponteceso os días 21 e 22 de novembro e a segunda en Cabana de Bergantiños os días 26 e 28 de novembro en horario de tarde. Para inscribirse ou solicitar máis información: Servizo de Orientación Laboral en Ponteceso: 981 715 442
AEDL en Cabana: 981 754 020.
XXII Feira das Fabas
27 de outubroComo cada ano, chega unha nova edición da Feira das Fabas, que se celebrará no Campo da Feira na Trabe en Ponteceso.