Homenaxe aos regueifeiros do Concello
2 de xuñoActos de homenaxe aos regueifeiros do Concello, na parroquia de Xornes, onde a regueifa segue hoxe viva.
Clausura das escolas deportivas
1 de xuñoClausura no pavillón municipal en Ponteceso, das escolas municipais deportivas e da escola municipal de danza. Ás 17.00h.
Descargas asociadas
Clausura das escolas de teatro e música
16 de maioOs alumnos/as das escolas municipales de teatro e música clausuran o ano de actividade no salón de actos da A.C Monte Branco ás 18.00h. Esta actividade forma parte do programa das Festiletras que se celebrarán dende o 16 ao 20 de maio.
Escola de pais e nais
15 de maioO día 15 de Maio levarase a cabo o 3º obradoiro da Escola de pais e nais para o curso 2011-2012, titulado: ?Continuamos educando?. O obradoiro celebrarase na Fundación Eduardo Pondal do Couto ás 18:00 horas. Para facilitar a asistencia contarase con actividades e contacontos para atender ós vosos fillos. Os pais e nais interesados neste taller deben apuntarse chamando ó concello ó seguinte número de teléfono: 981 71-40-00 (Ext: 51). Neste teléfono atenderavos a Educadora Familiar.
Día do ritmo
4 de maioO Concello de Ponteceso participará no Día do Ritmo que terá lugar en Cabana de Bergantiños no pavillón municipal ás 18.00h.
Exposición: As redes o noso traballo
Do 10 ao 30 de abrilNo Centro Cultural en Ponteceso, de 10.00h a 13.00h, de luns a venres, poderase visitar a exposición
As redes, o noso traballo, da Asociación de redeiras de Corme e Malpica.
Día do libro
23 de abrilDía do libro na biblioteca municipal. Actos programados para ás 11.00h.
Día do patín
20 de abrilA escola municipal de patín participa no encontro que se celebrará no pavillón municipal de Agualada ás 18.00H.
Exposición Rosalía Ilustrada
Mes de marzoA Concellaría de Cultura e a Fundación Rosalía de Castro traen a Ponteceso a exposición Rosalía Ilustrada. Trátase dunha mostra didáctica que recolle 25 poemas de Rosalía de Castro acompañados cada un por unha ilustración feita por artistas galegos que recrean as sensacións que evocan os poemas escollidos de Rosalía de Castro. A exposición que crea unha simbiose entre verso e imaxe permanecerá aberta, até o próximo 30 marzo.