Campamento de traballo
Do 15 ao 30 de xulloMozas e mozos de entre 18 e 30 anos chegan a Ponteceso para traballar na rehabilitación da ruta Os Camiños do Mar. Colabora a Dirección Xeral de Xuventude.
Presentación de "Maruxa a mariñeira"
20 de xuñoEste xoves 20 ás 11.00h presentarase o libro Maruxa a Mariñeira no CEIP As Forcadas de Corme. Este libro foi escrito polo alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria e a historia reflicte a realidade dunha vila mariñeira galega. As súas ilustracións son personalizadas cos debuxos realizados polo alumnado. O proxecto foi financiado polo Concello e Diputación da Coruña co obxectivo de favorecer condutas de igualdade entre os máis pequenos.
Rosalía pequeniña
20 de xuñoQueremos despedir o curso coa cantante galega Uxía e a obra Rosalía pequeniña. A actuación será na Biblioteca Municipal ás sete da tarde.
I Carreira solidaria
14 de xuñoA Asociación Intervida, en colaboración co Concello organiza esta I Carreira solidaria na praia de Valarés, na que participarán os nenos/as dos Colexios do Concello de Ponteceso.
Escola de pais e nais
13 de xuñoNova actividade que terá lugar no centro cultural de Ponteceso ás 17.00h. Será o derradeiro obradoiro da escola de pais e nais deste curso 2012-2013. Os interesados/as pódense anotar no Departamento de Educación Familiar ou chamando ao teléfono 981 714 000 (extensión 51)
Clausura das escolas deportivas
7 de xuñoÁs cinco da tarde no pavillón municipal en Corme.
Clausura da Escola de Música
29 de maioXuntaranse os dous grupos da escola municipal de música na Casa do Mar de Corme para clausurar o curso. O acto será ás 12:30 e os alumnos interpretarán tres pezas musicais con diferentes instrumentos.
Nova actividade da escola de pais e nais
27 de maioNova sesión que terá lugar no Centro Cultural en Ponteceso. Todas as persoas interesadas poden porse en contacto co Departamento de Educación Familiar chamando ao 981 714 000 ext-51. Preguntar por Loli.
Clausura da EM de Teatro
24 de maioClausura da escola municipal de teatro. Será na Biblioteca Municipal en Ponteceso dende as 18.30h.
Festiletras 2013
Do 12 ao 19 de maioComo cada ano un feixe de actividades na aldea do Couto relacionadas ca cultura galega.