Concerto musical de Nadal
29 de NadalConcerto musical ?Cantigas da Estrela: o 29 de decembro no Museo de Arte Contemporánea de Corme ás 18:00 h e dirixido a público infantil e familiar.
Teatro no Nadal
27 de NadalÁs 18:00 horas, no Salón de Actos do Edificio das Escolas, os nenos e nenas da Escola Municipal de Teatro interpretarán dúas pequenas obras para o noso goce.
Cine de Nadal
26 de NadalNo pavillón municipal en Corme. Dirixido a todolos públicos.
Certame de Corais no Nadal
20 de NadalCertame de Corais polifónicas no Nadal. Terá lugar no salón de actos do Edificio das Escolas en Ponteceso ás 20.30h. Entrada libre e gratuíta.
Cartas para os Reis
18 e 19 de NadalVisita do Carteiro Real aos colexios: o día 18 no CRA e o día 19 no CEIP As Forcadas e no CEIP Eduardo Pondal para recoller as Cartas en galego aos Reis Magos que posteriormente lles serán contestadas.
Contos pola igualdade
19 de NadalA cargo da compañía teatral Ghazafelhos. Ás 19.00h no Edificio das Escolas en Ponteceso.
Xunta das Escolas de Maiores
17 de NadalXuntanza de Confraternidade das Escolas de Maiores de Ponteceso, Coristanco, Fisterra e Val do Dubra: o 17 de decembro ás 11:30 horas, no Salón de Actos do Edificio das Escolas.
XXI Ciclo de Teatro
8, 15, 22 e 29 de novembroActuacións teatrais no salón de actos da AC Monte Branco no Couto.
Descargas asociadas
Animación á lectura na Biblioteca
Martes, xoves e venres de novembroActividades de animación na Biblioteca Municipal no Centro Cultural. Todos martes, xoves e venres de novembro de 16.30h a 18.00h. Contacontos, manualidades, globoflexia, xogos, etc.
XXIV Feira das Fabas
25 outubroNova edición da Feira das Fabas que terá lugar no Campo da Feira en Ponteceso.