Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Axenda

Exposición do censo electoral

7 ao 14 de abril

O censo electoral exponse ó público para que os/as interesados/as o consulten para os efectos da presentación de reclamacións. Todas as persoas interesadas, deberán presentar o DNI ou documento análogo para poder facer a consulta.
Lugar: Concello de Ponteceso
Horario: De 09.00h a 14.00h

Día do patín

4 de abril

As escolas de patín do Colexio Artai e dos Concellos de Cabana, Coristanco, Laxe e Ponteceso, participan nesta gran festa do patín. Os alumnados das distintas escolas exhibirán os seus adiantos e coñecementos sobre o patín neste curso. Esperámoste ás 18.00h no pavillón municipal en Corme.

Baile de disfraces

4 de marzo

Baile de disfraces no pavillón municipal en Corme. Inchables e festa de antroido. ás 17.30h.

Desfile de disfraces

2 de marzo

Desfile de disfraces en Ponteceso. Saída ás cinco da tarde da Praza do Relleno. Se chove, directamente para o pavellón, onde haberá festa e inchables.

Obradoiro de plastilina

1 de marzo

No Centro Cultural en Ponteceso, de 11.00h a 14.00h

Escola de pais e nais

19 de febreiro

Primeira xornada da escola. No Edificio das Escolas en Ponteceso ás 17.30h.

Charla sobre axudas autonómicas

4 de febreiro

O salón de plenos do Concello de Ponteceso acollerá ás 09.30h, unha charla destinada ás pemes sobre axudas que concede a Xunta de Galicia este ano. Confirmou a súa presenza o director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela e un representante do Igape.

Mesa redonda revista Thaumazin

1 de febreiro

Charla coloquio e tertulia sobre esta revista cultural da Costa da Morte. Ás cinco da tarde na Biblioiteca Municipal en Ponteceso.

Pleno da corporación

27 de xaneiro

Pleno ordinario da corporación municipal. Na Casa do Concello ás 09.00h.

Escola municipal da terceira idade

17 de xaneiro

Comezo das actividades desta Escola Municipal.

 1  2  3  4  5  6  7
Concello de Ponteceso