Programa de axuda alimentaria do Concello de Ponteceso
29 xuño 2020A partir do día 29 de xuño está en marcha o reparto da 1ª fase do Programa de axuda alimentaria correspondente ao ano 2020.
As persoas que precisen máis información poden chamar ao 881 983 223 (Loli, educadora familiar) ou consultar as bases do programa, que poden descargarse máis abaixo.
Descargas asociadas
Corte de tráfico por obras na rúa Xeneral Mourelle de Corme
27 maio 2020O concelleiro de Obras, Miguel Ángel González, informa de que a partir de hoxe estará cortada ao tráfico a rúa Xeneral Mourelle ata O Gafote, en Corme, para proceder á reparación do pavimento. Os traballos prolongaranse ata a semana que vén. Desculpade as molestias.
Exposición de escultura de Santi Collazo no MACCMO
1 xaneiro 2020Se es das pouquísimas persoas que aínda non coñecen o Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte (MACCMO), aproveita o noso amplísimo horario de apertura:
🕛Luns e sábado, de 11 a 13h.
🕛 De martes a venres de 11 a 13 e de 17 a 19h.
🕛 E, ademais, este domingo e o vindeiro, tamén abriremos excepcionalmente de 17 a 20h.
E tanto se o coñeces coma se non, o que non podes perderte é a exposición de escultura do artista cormelán Santi Collazo, que está aberta ata o 3 de febreiro.
Achégate a Corme e namórate da arte da Costa da Morte no MACCMO!