Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello

Cine de nadal

27 de decembro e 3 de xaneiro

Proxectaranse dúas películas, o 27 de decembro no pavillón municipal de Corme e o 3 de xaneiro no Centro Cultural de Ponteceso, ámbalas dúas ás 18:00 h e dirixidas a tódolos públicos.

Concilia no Nadal

Ata o 4 de xaneiro

Actividades de Nadal. Sábados de conciliación 7, 4 e 21 de Decembro de 16.00h a 19.00h no Edificio das Escolas en Ponteceso. Campamento de Nadal en Ponteceso e Corme 23, 26, 27, 28 e 30 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro de 10.00h a 13.00h. Para nen@s de 4 a 10 anos. Actividades gratuítas. Inscrición do 2 ao 5 de decembro no Departamento de Educación Familiar en Ponteceso ou Oficina Municipal en Corme.

Cabalgata de Reis

4 e 5 de xaneiro

O sábado 4 os Reis Magos visitarán as parroquias da localidade en tren ao longo do día recollendo as cartas dos nenos.
Despois, o domingo 5, de 17:00 a 20:00 horas no pavillón de Ponteceso espéravos unha Festa Real con inchables e degustación de chocolate e roscón.

Cabagata de Reis

4 e 5 de xaneiro

O domingo 4 os Reis Magos visitarán as parroquias do Concello en tren ao longo do día recollendo as cartas dos nenos. Despois, o luns 5, de 16:30 a 20:30 horas no pavillón de Ponteceso espéravos unha Festa Real con inchables e degustación de chocolate e roscón.

Nadal cultural

Mes de decembro

Programación de actividades durante o mes de decembro

Escola municipal da terceira idade

17 de xaneiro

Comezo das actividades desta Escola Municipal.

Pleno da corporación

27 de xaneiro

Pleno ordinario da corporación municipal. Na Casa do Concello ás 09.00h.

Mesa redonda revista Thaumazin

1 de febreiro

Charla coloquio e tertulia sobre esta revista cultural da Costa da Morte. Ás cinco da tarde na Biblioiteca Municipal en Ponteceso.

Charla sobre axudas autonómicas

4 de febreiro

O salón de plenos do Concello de Ponteceso acollerá ás 09.30h, unha charla destinada ás pemes sobre axudas que concede a Xunta de Galicia este ano. Confirmou a súa presenza o director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela e un representante do Igape.

Escola de pais e nais

19 de febreiro

Primeira xornada da escola. No Edificio das Escolas en Ponteceso ás 17.30h.

 1  2  3  4  5  6  7
Concello de Ponteceso