Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Demografía

Demografía

A poboación descende




Segundo as cifras de poboación resultantes da Revisión do Padrón municipal a 1 de xaneiro de 2013, o municipio conta con 5.964 habitantes.
A tendencia é de caracter desdecente nos últimos nove anos. Dende o ano 1.998 os datos de poboación total do Concello son os siguintes:

1.998: 7.490 habitantes
1.999: 7.370 habitantes
2.000: 7.226 habitantes
2.001: 7.147 habitantes
2.002: 7.019 habitantes
2.003: 6.880 habitantes
2.004: 6.810 habitantes
2.005: 6.698 habitantes
2.006: 6.588 habitantes
2.007: 6.494 habitantes
2.008: 6.381 habitantes
2.009: 6.302 habitantes
2.013: 5.964 habitantes

O descenso poboacional que se detecta vén derivado, en gran medida, pola emigración cara a cidade e tamén cara ao extranxeiro, nos últimos vinte anos.

Perfil poboacional


Evolución demográfica de Ponteceso dende 1.900


A pirámide da poboación do noso concello debuxa unha descompensación entre a poboación xuvenil e a terceira idade, na franxa comprendida entre 0 e 19 anos hai 818 persoas, a partires de 60 anos. Tamén pon de manifesto que a poboación femenina, o colectivo máis numeroso, no intervalo de idade a partires de 70 anos é superior ó dos homes, mentres que estes son a maioría no rango de idade entre os 0-69 anos.

O Concello mostra un saldo migratorio negativo, motivado, principalmente, polo elevado número de saídas do Concello cara outras localidades da mesma provincia, o que provoca un forte desequilibrio respecto a menor cifra de entradas. Os principais destinos son os concellos de Carballo e A Coruña.

Pirámide poboacional


Pirámide poboacional do Concello. Ano 2007
Concello de Ponteceso