Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Programa de actividades.

Programa deportivo e cultural do Concello de Ponteceso.

CORRECCIÓN

CORRECCIÓN DE ERROS BOLSA DE EMPREGO GES

Ponteceso pretende cambiar máis de 3000 luminarias a tecnoloxía LED.

Ponteceso pretende cambiar máis de 3000 luminarias a tecnoloxía LED en busca do aforro de emisións e de deixar de deber á suministradora

O Concello de Ponteceso iniciou o camiño da eficiencia enerxética na iluminación pública, transformando os seus 3.333 puntos de luz, en luminarias máis eficientes grazas ao uso de tecnoloxía LED e reformando prácticamente todos os centros de mando. José Manuel Pose Verdes, concelleiro de infraestruturas, colaborou coa empresa auditora para a elaboración de propostas adaptadas ás necesidades específicas de Ponteceso. O alumeado máis anticuado é o de Corme-Porto e Corme Aldea, con cortes reiterados cada vez que hai mal tempo e rúas mal iluminadas.

O Alcalde explicou o proxecto: "Temos 86 centros de mando, un número demasiado elevado polo custe de contratos individuais que supón, e deles polo menos 34 atópanse en condicións pésimas. Noutros 37 hai que realizar intervencións en cadros e cableado por mal estado ou sobrepotencia, un claro exemplo do abandono na conservación e o mantemento. Das máis de 3.333 luminarias, máis do 90% teñen un consumo elevado pola súa tecnoloxía obsoleta, ademais do mal estado no que se atopan, polo que xeran grandes emisións de CO2 e supoñen un custo elevado. Moitas delas, de 35w, xa non se fabrican, polo que é case imposible substituílas cando se funden. Os avisos e protestas dos cidadáns multiplícanse, sobre todo cando hai inverno e temporais.

Xosé Lois García, alcalde de Ponteceso, destacou a importancia do paso para o consistorio con esta iniciativa, anotando que hai demasiadas zonas do municipio "con luz baixa e cortes cada dous por tres" e que case o 80% dos 86 centros de mando que fornecen enerxía á iluminación, están en mal estado, polo que requiren unha urxente actuación. "Dende que chegamos hai dous anos ao goberno dedicámonos en corpo e alma a mellorar a xestión dos gastos do Concello, e a pagar a débeda de máis de 300.000 euros que había cando entramos a gobernar."

Cambio a tecnoloxía LED e xestión avanzada

O novo rumbo de transformar o Concello, nun municipio eficiente, non soamente redundará nun maior confort visual de todas as rúas e prazas do municipio, senón que ademais , como fixo o Concello de Carballo, teñen previsto aforrar máis de 1.700.000 kwh/ano, o que suporá un aforro de entre o 70 e o 80%. En concreto reduciríase en 181.000 euros ao ano o orzamento necesario para pagar a factura enerxética, regularizando todos os cadros eléctricos. Con ese aforro, o Concello quere facer os investimentos necesarios para conseguir a eficiencia, usando empresas de Servizos enerxéticos que asumirán o total do risco. "Pagar investimento con aforro, velaí a clave dos contratos de servizos enerxéticos".

INVESTIMENTO SUPERIOR A 2 MILLÓNS DE EUROS, COMPATIBLE COAS AXUDAS DO IDAE

Os investimentos superarían os 2.000.000 de euros, incluíndo luminarias, substitución de cadros por cadros novos, cableado e outros investimentos, cunha garantía total e a xestión do mantemento por concesionaria. Agora mesmo, o Concello non ten licitado este servizo. O Concello, para este ambicioso proxecto de investimento, non desembolsará cantidade algunha, senón que pretende que os sufrague a empresa adxudicataria cos aforros que comparta co concello. A estes importes habería que engadir os custos de mantemento e xestión enerxética, que tamén se reducirán notablemente. "A empresa terá un servizo de retén as tardes e fins de semana, o cal é moi valorado polos veciños, que non queren estar sen alumeado público toda unha fin de semana" - valorou Carballido.

En canto aos modelos de luminarias escolléronse tres modelos sempre compatibles cos requerimentos do IDAE: un, para viarios, cuxo deseño se quere "harmonizar, evitando que se instalen distintos tipos na mesma vía"; outro, denominado "clásico", do que se buscou tamén un deseño común, tipo modelo vila ou modelo fernandina; e un terceiro, "decorativo". Tamén quere incluir no contrato alumeado festivo e abastecemento eléctrico para as festas das parroquias.

Optimización da iluminación para reducir as emisións

O executivo explica que se trata dun proxecto, que permitirá optimizar a iluminación en todo o municipio ademais do aforro na factura de consumo eléctrico e unha redución das emisións de CO2, en máis de 660 toneladas. Unha acción que segundo o Concello evitase o uso dos case 40.000 árbores necesarias para mitigar o Co2 que consome a súa iluminación.

O proxecto buscou solucións para a posta a punto da iluminación, e ademais este sistema serve para atopar moitas zonas, deficitarias en iluminación pública, que agora serán atendidas, como sucede con Corme e Corme-Aldea.

Pola súa banda, o alcalde Xosé Lois García, destacou a importancia deste proxecto "dentro dun plan global de dinamización económica e turística, na que se vai tamén a dinamización do parque empresarial, coa chegada da fibra óptica e o desconto do 95% do ICIO e as tres bandeiras azuis", así como o apoio ao comercio local porque entende que "unha boa iluminación incidirá na mellora da actividade comercial e turística, ao converter as rúas e prazas en lugares máis agradables e, por tanto, máis atractivos para a veciñanza e os visitantes".

SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN AO IDAE, 1 MILLÓN DE EUROS: BOE 616/2017 num 144, do Sábado 17 de xuño de 2017.

O Concello decidiu solicitar as axudas do IDAE Real Decreto 616/2017, de 16 de junio, por el que se regula la concesión directa de subvenciones a proyectos singulares de entidades locales que favorezcan el paso a una economía baja en carbono en el marco del Programa operativo FEDER de crecimiento sostenible 2014-2020. publicadas no Boe do 17 de xuño de 2017, medida número 6, solicitando unha axuda dun millón de euros, dos cales o Concello podería obter ata 800.000 euros, para a renovación total do alumeado.

Estas axudas, que solicitaron outros concellos da bisbarra como Cerceda, colapsaron a páxina web do IDAE durante dous días, e Ponteceso conseguiu completar a solicitude despois de 48 horas tentándoo.

De obter os 800.000 euros da subvención, o importe a pagar á empresa de Servizos Enerxéticos licitadora do servizo de alumeado led integral municipal sería moito menor, pois reduciría nesa mesma cantidade o importe a amortizar vía aforro na factura enerxética. Para iso, o Concello vaise adaptar a todos os requisitos IDAE na redación dos pregos administrativos e técnicos e na eleccións dás lámpadas a empregar, do amplo catálogo que ofrece o IDAE de luminarias eficientes.

Goberno de Ponteceso


1  2  3  4  5  6 ... 18

Concello de Ponteceso