Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

ABERTO O PRAZO PARA ANOTARSE NAS ACTIVIDADES DE ENVELLECEMENTO ACTIVO MUNICIPAIS

O Concello de Ponteceso pon en marcha unha nova edición das actividades de envellecemento activo dirixidas ás persoas maiores de 60 anos, co obxectivo de promover un estilo de vida saudable e fomentar a participación social. Estas actividades, presentadas onte pola concelleira de Servizos Sociais, Marisé Álvarez, e pola educadora familiar Loli Blanco, desenvolveranse ao longo de dous cuadrimestres e inclúen talleres de memoria, uso de móbiles, coiro, cestería, manualidades e arranxos florais, entre outros.

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN DO PROGRAMA PONTE-CEDO

O Concello de Ponteceso abriu este mércores, 4 de setembro, o prazo de inscrición para participar no programa municipal de madrugadores e conciliación familiar ‘Ponte-Cedo’.

CALENDARIO E ITINERARIO DE RECOLLIDA DE RESIDUOS URBANOS ESPECIAIS NON VOLUMINOSOS

O próximo luns, 26 de agosto, dará comezo a ruta de recollida de residuos urbanos especiais non voluminosos no Concello. Para unha boa coordinación coa veciñanza, publicamos a ruta e o calendario que se seguirá dende hoxe ata o próximo 12 de setembro.

Ponteceso reparte ata 12.600 euros no seu Certame Internacional de Pintura ‘Fernando Álvarez de Sotomayor’

 O alcalde e a concelleira de Cultura presentaron esta tarde a súa sétima edición, que se realiza cada dous anos no municipio

 O concurso, que terá lugar o vindeiro domingo, 28 de xullo, conta cunha gran sona en toda Galicia, España e mesmo Europa

 As persoas interesadas en participar deben preinscribirse a través dun formulario web ata o propio día do concurso

Ponteceso destina preto de 18.000 euros a renovar o equipamento de protección do Grupo de Emerxencias

Os traxes de traballo do GES non se renovaban desde o ano 2014, polo que era unha actualización necesaria para poder levar a cabo as labores de mantemento e de apoio nos incendios de forma eficiente

Segundo indicou o alcalde, José Manuel Mato, “a idea é ir renovando os equipos de protección segundo o vaian necesitando os empregados deste servizo”

Ponteceso presenta o seu programa de xestión de residuos para incentivar a compostaxe e o uso do contedor marrón

 A intención deste proxecto é fomentar a separación e facilitar a reciclaxe

 Esta acción conta cun orzamento total de 125.311 euros, dos cales o Concello de Ponteceso achega 38.846 euros

 Pódese solicitar a adhesión ao programa a través da páxina web ponteceso.rsu.gal.

BANDO FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO 2024

Con motivo da festividade de San Xoán e San Pedro nos vindeiros 24 e 29 de xuño, recórdase a tódolos veciños/as do municipio que a comunicación para facer fogueiras poderá presentarse ata o día 21 de xuño pola sede electrónica ou nas oficinas do Concello.

PROGRAMA DE ASISTENCIA MATERIAL BÁSICA FSE+ 2021 2027

Programa de posta a disposición das persoas destinatarias de tarxetas canxeables por productos de asistencia material básica, en concreto, productos de alimentación, así como produtos de hixiene.

CENSO PARA A ELECCIÓN DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL 2024

O Concello de Ponteceso expón o censo para a elección de membros do Consello Escolar Municipal de Ponteceso para o 2024 en representación de profesorado, alumnado e pais e nais.

MODIFICADO DE TRÁFICO 2 DE XUÑO

Por mor do evento solidario Mi Princesa Rett que se celebrará o vindeiro 2 de xuño quedarán cortadas o tráfico as seguintes rúas dende as 09:00 ata as 20:00 horas:
Avda. Anllóns
Praza Recheo
Rúa Paseo Fluvial

Así mesmo queda prohibido estacionar na Rúa Vereda (marxe dereito) e rúa Paseo Fluvial dende as 22:00 horas do día 1 de xuño.


 1  2  3

Concello de Ponteceso