Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Cambios na toponimia do Concello

CAMBIOS NA TOPONIMIA DO NOSO CONCELLO:
O Servizo de Normalización Lingüística,que dirixe Carlos Penedo, con cargo a unha subvención da Secretaría Xeral de Política Lingüística e atendendo ao pedimento da Mesa pola Normalización Lingüística, vén de actuar sobre a sinalización dos seguintes núcleos de poboación rotulados incorrectamente en vías de titularidade municipal: A Costa, A Brixería, O Briallo, A Calle, Os Ánxeles, Santo Antonio, A Pontedona, O Rueiro, As Casas Novas, As Casas do Monte e A Gándara.
Esta acción de dinamización lingüística permitiu adecuar os topónimos incorrectos á forma fixada no Proxecto Toponimia de Galicia (PTG) e no Decreto 189/2003, do 6 de febreiro, que aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Coruña.

Concello de Ponteceso